Ivonka Survila
Nome orixinal | (be) Івонка Сурвіла |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (be) Івонка Шыманец 11 de abril de 1936 (88 anos) Stowbtsy (Segunda República Polaca) |
Residencia | Otava (1969–) Madrid (1959–1969) París (1948–1959) Dinamarca (1944–1948) Belarús (1936–1944) |
Educación | Facultade de Artes de París Escola Nacional Superior de Belas Artes |
Actividade | |
Campo de traballo | Ciencia da literatura, pintura e política |
Ocupación | política, especialista en literatura, filóloga, pintora, estudosa da literatura |
Empregador | Francis institute of Madrid (en) Health Canada (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Janka Survilla |
Fillos | Maria Paula Survilla |
Pai | Uladzimir Shymaniets |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Ivonka Survila (en belaruso: Івонка Сурвіла ), nada en Stoŭbcy o 11 de abril de 1936, é unha política belarusa que dende 1997 é a presidenta da República Democrática Belarusa no exilio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha localidade fronteiriza, entón parte de Polonia. Seu pai é Uladzimir Šymaniec, enxeñeiro, e súa nai Evelina Šymaniec, Paškievič de nacenza.
En 1940, despois da anexión de Belarús occidental polos soviéticos, arrestaron a seu pai e condenárono a cinco anos nun campo de concentración mais polo ataque alemán á URSS evitou ir ao gulag[1]. En 1944 os Šymaniec abandonaron Belarús para se refuxiaren no oeste, cruzando Prusia Oriental e, xunto con outros miles de refuxiados, chegaron a Dinamarca, onde viviron nun campo de refuxiados durante varios anos. No camiño, morreu a irmá máis nova de Ivonka. En 1948 a familia instalouse en París e Ivonka estudou arte na Escola de Belas Artes e ciencias sociais na Sorbona.
En agosto de 1959 casou con Janka Survila, activista belaruso e locutor de radio e Ivanka mudouse a Madrid onde seu home era o encargado dende o seu inicio, o 8 de decembro de 1958, do programa belaruso de Radio Nacional de España e a partir de 1961 coa marcha do seu axudante ela asumiu ese posto[2]. Tras o peche do programa traballou como profesora no Instituto Francés de Madrid. A parella instalouse en decembro de 1969 en Ottawa, na capital do Canadá ao lograr Ivonka superar un exame na embaixada canadense en Madrid como tradutora de inglés ao francés para a Oficina de Tradución da administración federal canadense. Posteriormente, foi xefa dos servizos lingüísticos do departamento responsable da política federal de saúde no Canadá, Health Canada[3]. No Canadá, Ivonka converteuse nun membro activo das organizacións belarusas locais. Entre 1974 e 2002 foi presidenta do Instituto Belaruso de Arte e Ciencias do Canadá[4] e en 1984 estivo no comité directivo do Consello Ethnocultural do Canadá[5] como directiva do Comité de Coordinación Belaruso-Canadense.
Algún tempo despois do desastre de Chernóbil, en 1989 creou co seu home e mais Zina J. Gimpelevich e Pauline Paszkievicz-Smith o Fondo canadense para as vítimas de Chernóbil en Belarús para ofrecer axuda médica de diversas formas, incluída a organización de visitas médicas entre o Canadá e Belarús e a acollida de mozos belarusos enfermos en institucións canadenses.
Dende 1997 Ivonka Survila é a presidenta da Rada da República Democrática de Belarús "no exilio", a primeira muller en asuilo, e dende o seu posto combateu o presidente belaruso Lukašenka, considerado pola organización como "antibelaruso". Ivonka Survilla foi unha das asinantes fundadoras en 2008 da Declaración de Praga sobre conciencia europea e o comunismo [6].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Survila, Ivanka (2018). Daroha. p. 11.
- ↑ Survila, Ivanka (2018). Daroha. p. 73 e ss.
- ↑ "Нашчадкі мастака Ўладзімера Шыманца працягваюць беларускія традыцыі і прадстаўляюць беларускую культуру ў заходніх унівэрсытэтах". svaboda.org. 19 de xaneiro de 2001.
- ↑ "List of BINiM’s Membership 1967-2017". binim.org.
- ↑ "President of the Rada BNR". radabnr.org.
- ↑ "Prague Declaration - Declaration Text". legal-tools.org.