Saltar ao contido

Isobutanol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isobutanol (2-metil-propan-1-ol)
Fórmula esquelética do isobutanol
Modelo de bólas e barras do isobutanol
Identificadores
Número CAS 78-83-1
PubChem 6560
ChemSpider 6312
UNII 56F9Z98TEM
Número UN 1212
KEGG C14710
ChEBI CHEBI:46645
ChEMBL CHEMBL269630
Número RTECS NP9625000
Referencia Beilstein 1730878
Referencia Gmelin 49282
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C4H10O
Masa molecular 74,122 g/mol
Aspecto Líquido incoloro
Olor doce, a mofo[1]
Densidade 0,802 g/cm3, líquido
Punto de fusión −108 °C; −162 °F; 165 K
Punto de ebulición 10 789 °C; 19 452 °F; 11 062 K
Solubilidade en auga 8,7 mL/100 mL[2]
log P 0,8
Presión de vapor 9 mmHg (20 °C)[1]
Índice de refracción (nD) 1,3959
Viscosidade 3,95 cP a 20 °C
Perigosidade
Pictogramas GHS O pictograma do lume no Globally Harmonized System of Classification and Labelling of Chemicals (GHS)

Pictograma do signo de exclamación no Globally Harmonized System of Classification and Labelling of Chemicals (GHS)

Palabra sinal GHS Danger (Perigo)
NFPA 704
3
1
0
Punto de inflamabilidade 28 °C; 82 °F; 301 K
Límites de explosividade 1,7–10,9%
Compostos relacionados
butanois relacionados n-Butanol
sec-Butanol
ter-Butanol
Compostos relacionados Isobutiraldehido
ácido isobutírico

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O isobutanol[3] (IUPAC: 2-metilpropan-1-ol) é un composto orgánico coa fórmula (CH3)2CHCH2OH (ás veces simbolizado como i-BuOH). Este líquido incoloro e inflamable cun cheiro característico utilízase principalmente como solvente xa sexa directamente ou en forma de éster. Os seus isómeros son o 1-butanol, 2-butanol e ter-butanol, todos os cales son importantes industrialmente.[4]

Produción

[editar | editar a fonte]

O isobutanol prodúcese pola carbonilación do propileno. Aplícanse industrialmene dous métodos: hidroformilación e carbonilación de Reppe. A hidroformilación é o máis común e xera unha mestura de isobutiraldehido e butiraldehido:

CH3CH=CH2 + CO + H2 → CH3CH2CH2CHO

A reacción é catalizada por complexos de cobalto e rodio. Os aldehidos resultantes son hidroxenados a alcohois, os cales son separados.

Na carbonilación de Reppe obtéñense os mesmos produtos, pero a hidroxenación efectúase por reacción de desprazamento do gas de auga.[4]

Síntese de laboratorio

[editar | editar a fonte]

O propanol e o metanol poden facerse reaccionar para producir isobutanol por condensación de Guerbet.[5]

Biosíntese de isobutanol

[editar | editar a fonte]

A bacteria Escherichia coli e outros organimsos foron modificados xeneticamente para producir alcohois C4 a partir de glicosa, incluíndo o isobutanol, 1-butanol, 2-metil-1-butanol, 3-metil-1-butanol e 2-feniletanol. A ruta biosintética de aminoácidos moi activa do hóspede desvíase á produción de alcohol. O α-cetoisovalerato, derivado da valina, tende á descarboxilación dando isobutiraldehido, o cal é susceptible de redución ao alcohol:[6]

(CH3)2CHC(O)CO2H → (CH3)2CHCHO + CO2
(CH3)2CHCHO + NADH + H+ → (CH3)2CHCH2OH + NAD+

Aplicacións

[editar | editar a fonte]

Os usos do isobutanol e o n-butanol son similares. A miúdo utilízanse indistintamente. As principais aplicacións son como compoñente de vernices e precursores de ésteres, que son útiles disolventes, por exemplo, o acetato de isobutilo. Os ésteres de isobutilo dos ácidos ftálico, adípico e ácidos dicarboxílicos relacionados son plastificantes de uso común.[4] O isobutanol é tamén un compoñente dalgúns biocombustibles.[7]

Seguridade e regulación

[editar | editar a fonte]

O isobutanol é un dos butanois menos tóxicos cun LD50 de 2460 mg/kg (rata, oral).[4]

En marzo de 2009 o goberno do Canadá anunciou a prohibición do uso do isobutanol en produtos cosméticos.[8]

  1. 1,0 1,1 "NIOSH Pocket Guide to Chemical Hazards #0352". National Institute for Occupational Safety and Health (NIOSH). 
  2. "Iso-butanol". ChemicalLand21. 
  3. "Alcohols Rule C-201.1". Nomenclature of Organic Chemistry (The IUPAC 'Blue Book'), Sections A, B, C, D, E, F, and H. Oxford: Pergamon Press. 1979. Designacións como isopropanol, sec-butanol e ter-butanol son incorrectas porque non hai hidrocarburos isopropano, sec-butano e ter-butano aos cales se poida engadir o sufixo "-ol"; tales nomes deberían ser abandonados. Porén, alcohol isopropílico, alcohol sec-butílico e alcohol ter-butílico son permisibles (ver Regra C-201.3) porque os radicais isopropilo, sec-butilo e ter-butilo si existen. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Hahn, Heinz-Dieter; Dämbkes, Georg; Rupprich, Norbert (2005). "Butanols". Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry. Weinheim: Wiley-VCH. doi:10.1002/14356007.a04_463. .
  5. Carlini, Carlo; Flego, Cristina; Marchionna, Mario (2004-09-01). "Guerbet condensation of methanol with n-propanol to isobutyl alcohol over heterogeneous copper chromite/Mg–Al mixed oxides catalysts". Molecular Catalysis 220 (2): 215–220. doi:10.1016/j.molcata.2004.05.034. Estudouse a síntese de alcohol isobutílico a partir de metanol (MeOH) e n-propanol (PrOH) por condensación de Guerbet condensation [. . .] usando un sistema catalítico de cromita de cobre e unha mestura de óxidos de Mg-Al. 
  6. Atsumi, Shota; Hanai, Taizo; Liao, James C. (xaneiro de 2008). "Non-fermentative pathways for synthesis of branched-chain higher alcohols as biofuels". Nature 451 (7174): 86–89. Bibcode:2008Natur.451...86A. PMID 18172501. doi:10.1038/nature06450. 
  7. Peralta-Yahya, Pamela P.; Zhang, Fuzhong; del Cardayre, Stephen B.; Keasling, Jay D. (15 August 2012). "Microbial engineering for the production of advanced biofuels". Nature 488 (7411): 320–328. Bibcode:2012Natur.488..320P. PMID 22895337. doi:10.1038/nature11478. 
  8. "Cosmetic Chemicals Banned in Canada". Chem. Eng. News 87 (11): 38. 2009-03-16. .

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]