Saltar ao contido

Iolanda Veloso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIolanda Veloso

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Iolanda Veloso Ríos Editar o valor en Wikidata
1972 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata


Iolanda Veloso Ríos, nada na Coruña en 1972, é unha filóloga e política galega do BNG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. É tradutora e intérprete de francés e profesora asociada da Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo. Conta cun máster en Dirección de Negocios Internacionais na Escola Caixanova.

Reside en Vigo. Nas eleccións municipais de 2007 presentouse como número 4 na lista do BNG para a alcaldía de Vigo, foi elixida concelleira e nomeada concelleira de Igualdade, Normalización Lingüística e Mocidade (2007-2011). Nas municipais de 2011 volveu ser elixida concelleira e foi protavoz municipal logo da renuncia de Santi Domínguez en 2013. Foi elixida membro do Consello Nacional do BNG na Asemblea Extraordinaria de 2009.[1]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.