Saltar ao contido

Inês Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaInês Pereira

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Inês Teixeira Pereira Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de maio de 1999 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Altura168 cm Editar o valor en Wikidata
Peso68 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2014–2016 GD Estoril Praia
2016–2021 Futebol Feminino do Sporting Clube de Portugal 40(0)
2018–   Seleção Portuguesa de Futebol Feminino 37(0)
2021–2024 Servette FC Chênois Féminin 30(0)
2024–   Deportivo da Coruña Feminino 0(0)
2024– Everton F.C. (futebol feminino) 0(0)

UEFA: 250091648 Editar o valor en Wikidata

Inês Teixeira Pereira, nada en Lisboa o 26 de maio de 1999, é unha futbolista portuguesa que xoga como porteira no Deportivo da Coruña, da Primeira División. É internacional coa selección portuguesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debutou no Campeonato Nacional Feminino nas filas do Estoril Praia, no que militou entre 2014 e 2016, antes de regresar á súa Lisboa natal para xogar no Sporting CP.[1]

Militou cinco anos no Sporting, gañando o título de liga nas dúas primeiras tempadas.[2] En 2021 fichou polo Servette suízo, onde se fixo axiña coa titularidade.[3]

En xullo de 2024 fichou polo Everton, sendo inmediatamente cedida ao Deportivo da Coruña, que viña de ascender á Primeira División.[4]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Internacional coa selección de Portugal, defendeu a súa portería na fase de clasificación para o Mundial de 2019 e na Eurocopa de 2022. En 2023 disputou a Copa do Mundo en Nova Zelandia, defendendo a portería portuguesa en dous dos tres partidos da fase de grupos, nos que encaixou un só gol ante os Países Baixos.[4]

  1. "Inês Pereira é a nova contratação do #SportingCP. Bem-vinda, leoa!". twitter.com (en portugués). Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  2. "Inês Pereira". playmakerstats.com (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  3. "Inês Pereira rejoint le Servette FCCF". servettefc.ch (en francés). Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  4. 4,0 4,1 "Inês Pereira, unha mundialista para completar a portería do Dépor ABANCA". 19 de xullo de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024.