Illas Kuria
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Gilbert | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas Gilbert | |||
Localización | ||||
División administrativa | Illas Gilbert, Kiribati | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Altitude | 3 m | |||
Superficie | 15,48 km² | |||
Kuria é o nome dun par de illas no norte das Illas Gilbert, pertencentes á República de Kiribati ao noroeste de Aranuka, no océano Pacífico. Están localizadas ao noroeste de Aranuka (na cal existe unha illa co mesmo nome da illa mais grande de Kuria).
As dúas illas, Buariki e Oneeke, están separadas por unha canle estreita, 20 metros, sobre unha plataforma de augas pouco profundas (Te breeti), que é atravesada por unha ponte que conecta ambas illas. Están rodeadas por un arrecife de coral, cuxa parte mais ancha atópase ao leste de Kuria.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Kuria componse de dous illotes. O illote principal, Buariki, ten cinco aldeas; Marenaua, Bouatoa, Buariki, Tabontebike e Norauea. Estes pobos están conectados á illa máis pequena de Oneeke por unha ponte de dez metros que substituíu a antiga calzada que atravesaba o antigo arrecife entre os dous illotes. Os dous illotes son relativamente amplos en comparación coa maioría de illas do grupo de Gilbert. A parte máis ancha mide 4,26 km desde a lagoa á beira do océano e a lonxitude de norte a sur é de 8,94 quilómetros. Hai dous estanques de auga salobre naturais na punta leste ao sur do illote principal. A superficie total de Kuria é de 15´48 sq.km, que está cerca do tamaño medio dunha illa de Kiribati, a poboación en 2010 era de só 980 persoas, polo que Kuria é unha das illas menos poboadas de Kiribati.
O centro principal de administración atópase en Buariki, e o aeroporto, a xefatura de policía, casa de hóspedes e a Escola Secundaria Básica tamén se atopan aquí.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Thomas Gilbert e John Marshall, navegando nos barcos da Compañía das Indias Charlotte e Scarborough, foron os primeiros europeos en visitar e describir Kuria, en xuño de 1788.[2]
Nalgún momento entre 1860 e finais de 1880, as illas de Kuria e Aranuka foron conquistados por Tenkoruti (Rei Karotu), o xefe supremo da Abemama, cando o ex gobernante (Ten Temea) de Kuria e Aranuka entregou estas dúas illas ao rei Karotu de Abemama e foise a Maiana, outra illa do grupo de Gilbert. Logo foron gobernados polo sobriño de Tenkoruti, Tem Binoka.
Visitar Kuria
[editar | editar a fonte]Air Kiribati opera dous voos por semana que parten de Tarawa Sur. Tamén existen barcos de alugueiro dispoñibles.
O Consello Insular opera unha casa de hóspedes, onde os turistas son benvidos, aínda que é recomendable ir preparado xa que a illa está moi illada.
O código de vestimenta é restrinxido en Kuria. É preferible a a roupa casual e as mulleres non poden andar por aí con bikinis, mini saias ou pantalóns curtos. Son preferibles as camisetas de manga curta e as saias / shorts ata os xeonllos ou un lava-lava (saia tradicional polinesia).[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kuria Island Report 2012". Government of Kiribati. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 17 de xuño de 2013.
- ↑ Samuel Eliot Morison (1944-05-22). "The Gilberts & Marshalls: A distinguished historian recalls the past of two recently captured pacific groups". Life magazine. Consultado o 2009-10-14.
- ↑ "Kuria factsheet" (PDF). Kiribati Tourism, Government of Kiribati.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas Kuria |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Exhibit: The Alfred Agate Collection: The United States Exploring Expedition, 1838-1842 Arquivado 14 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. from the Navy Art Gallery