Hugo III de Borgoña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1148 (Gregoriano) valor descoñecido |
Morte | 25 de agosto de 1192 (Gregoriano) (43/44 anos) Acre, Israel |
Lugar de sepultura | Abadia de Cister (pt) |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Count of Albon (en) (1183–1192) Duque de Borgoña (1162–1192) |
Familia | Casa de Borgoña |
Cónxuxe | Béatrice d'Albon (1183 (Gregoriano)–1192 (Gregoriano)), morte Alice de Lorena (1165 (Gregoriano)–1183 (Gregoriano)), repudio |
Fillos | Anne de Bourgogne () Béatrice d'Albon Eudo III, Duque da Borgonha () Alice de Lorena Alexander of Burgundy () Alice de Lorena Douce de Bourgogne () Alice de Lorena Alix de Bourgogne () Alice de Lorena Guigues VI de Viennois () Béatrice d'Albon Mahaut de Bourgogne () Béatrice d'Albon |
Pais | Eudo II, Duque da Borgonha e Maria de Champanhe |
Irmáns | Matilde de Borgonha Alix de Bourgogne |
Descrito pola fonte | Sigilla (en) , |
Hugo III de Borgoña, nado en 1148 e finado en Acre en 1192, foi duque de Borgoña (1162 - 1192).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes familiares
[editar | editar a fonte]Naceu en 1142 e era fillo do duque Odón II de Borgoña e de María de Blois. Era neto por liña paterna de Hugo II de Borgoña e Matilda de Mayenne e por liña materna de Teobaldo II de Champaña e Matilda de Carintia.
Matrimonio e descendentes
[editar | editar a fonte]Casou en 1165 con Alicia de Lorena, filla de Mateo I de Lorena e Berta de Suabia. Desta unión naceron:
- o infante Odon III de Borgoña (1166 - 1218), duque de Borgoña.
- o infante Alexandre de Borgoña (1170 - 1205), señor de Montagu.
- a infanta Dulce de Borgoña (1175 - post 1219), que casou en 1196 con Simón de Semur.
- A princesa Alicia de Borgoña (1177 -?), que casou con Beraldo VIII de Mercoeur.
En 1183, repudiou a Alicia de Lorena e casou, por segunda ese mesmo ano, en St-Gilles-en-Languedoc, coa condesa Beatriz de Albon, filla de Guigón V de Albon e Beatriz de Montferrato. Desta unión naceron:
- O infante André Guigón VI do Vienés (1184 - 1237), delfín de Viennois.
- A princesa Mafalda de Borgoña (1190 - 1242), que casou en 1214 con Xoán I de Châlon (Conde de Châlon).
- A princesa Ana de Borgoña (1192 - 1243), que casou en 1222 co conde Amadeo IV.
Ducado de Borgoña
[editar | editar a fonte]O reinado de Hugo III marcou o final do período de relativa calma e paz no Ducado de Borgoña. Hugo III foi un duque belixerante e pronto entrou en conflito co rei Lois VII de Francia polas fronteiras entre os dous dominios. A morte do rei e o ascenso do seu fillo Filipe II de Francia fixeron que Hugo III obrigase a moitos señores feudais a romper a súa vasalaxe co rei francés, polo que o rei francés ocupou o ducado. O seu fillo foi feito prisioneiro, polo que tivo que pagar un rescate elevado e tivo que renunciar ás súas pretensións sobre Francia.
En 1187 Hugo III mudou a capital do Ducado de Borgoña a Dijon.
Aliouse con Ricardo Corazón de León e emprendeu a Terceira Cruzada con el contra Saladino. Hugo III tivo unha importancia vital na captura da cidade de Acre, onde morreu un ano despois, o 25 de agosto de 1192, e na batalla de Arsuf, na que comandou os francos[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (en inglés) Kenneth M. Setton, Robert Lee Wolff, Harry W. Hazard, A History of the Crusades, Volume II: The Later Crusades, 1189-1311, p.73-74
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hugo III de Borgoña |