Hermann Osthoff
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1847 Billmerich, Alemaña |
Morte | 7 de maio de 1909 (62 anos) Heidelberg, Alemaña |
Actividade | |
Lugar de traballo | Heidelberg Leipzig |
Ocupación | lingüista, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Leipzig Universidade de Heidelberg |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Heidelberg Scholar Lexicon 1803–1932 (en) , (p.199) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Hermann Osthoff, nado en Unna o 18 de abril de 1847 e finado en Heidelberg o 7 de maio de 1909, foi un lingüista e filólogo alemán, expoñente da escola neogramática que influíu profundamente na indoeuropeística entre os séculos XIX e XX.
Biografía
[editar | editar a fonte]Nado en Billmerich, suburbio de Unna[1], Osthoff estudou filoloxía clásica, xermánica, sánscrito e lingüística comparada en Berlín, Tubinga e Bonn, onde en 1869 conseguiu a licenciatura. A partir de 1870 ensinou en Kassel. En 1875 obtivo a docencia na Universidade de Leipzig. En 1877 convértese en profesor extraordinario de glotoloxía e de sánscrito na Universidade de Heidelberg[1], onde se converteu en ordinario o ano seguinte.
No centro das súas investigacións estivo a lingüística indoeuropea. Xunto con Karl Brugmann e con August Leskien, Osthoff foi un dos máis influentes inspiradores do movemento dos neogramáticos. Debémoslle a reconstrución da vibrante indoeuropea con capacidade de asumir funcións silábicas (a líquida soante *r̥)[1].
O seu nome aparece ligado a unha lei fonética que toma o nome do seu, (a chamada "lei de Osthoff"), relativa á abreviación que ocorre nalgunhas linguas (entre elas o latín e o grego) dunha vogal longa indoeuropea ante unha nasal ou líquida seguida de consoante.
Obras
[editar | editar a fonte]- (en latín) Quaestiones mythologicae, Bonn, Caroli Georgi, 1869
- (en alemán) Forschungen im Gebiete der indogermanischen nominalen Stammbildung, Jena, Costenoble, 1875-1876, 2 vol.
- (en alemán) Das Verbum in der Nominalcomposition im Deutschen, Griechischen, Slavischen und Romanischen, Jena, H. Costenoble, 1878.
- Brugmann, Karl; Hermann Osthoff (1974-1975) [1878-1910]. Morphologische Untersuchungen auf dem Gebiete der indogermanischen Sprachen. G. Olms (en alemán). 3 volumes (Hildesheim-New York). ISBN 3-487-05079-X.
- (en alemán) Das physiologische und psychologische Moment in der sprachlichen Formenbildung, Berlín, Carl Habel, 1879
- (en alemán) Schriftsprache und Volksmundart. Vortrag, gehalten im Museum zu Heidelberg am 14. December 1878, Berlín: Carl Habel, 1883
- (en alemán) Zur Geschichte des Perfects im Indogermanischen mit besonderer Rucksicht auf Griechisch und Lateinisch, Estrasburgo: K. J. Trubner, 1884
- (en alemán) Vom Suppletivwesen der indogermanischen Sprachen. Akademische Rede zur Feier des Geburtsfestes des hochstseligen Grossherzogs Karl Friedrich am 22. November 1899 bei dem Vortrag des Jahresberichts und der Verkundung der akademischen Preise gehalten, Heidelberg: J. Horning, 1899
- (en alemán) Etymologische Parerga, Leipzig: S. Hirzel, 1901.
- (en alemán) Osthoff, Hermann; Karl Brugmann (1992). Eveline Einhauser, ed. Lieber freund... Die Briefe Hermann Osthoffs an Karl Brugmann, 1875 – 1904. Trier:WTV. ISBN 978-3-88476-053-6.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Artigo Hermann Osthoff en Enciclopedia Treccani". Consultado o 23 de outubro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Einhauser, Eveline (1989). Die Junggrammatiker. Ein Problem fur die Sprachwissenschaftsgeschitchtsschreibung. Trier: Wissenschaftlicher Verlag (en alemán). ISBN 3-922031-13-7.
- Rudolf Vierhaus, ed. (2007). "Voce "Hermann Osthoff"". Deutsche biographische Enzyklopädie. Múnic: K. G. Saur (en alemán). pp. Vol. VII. ISBN 978-3-598-25037-8.
Artigos relacionados
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Artigo Hermann Osthoff en Enciclopedia Treccani".
- (en alemán) "Hermann Osthoff no catálogo da Deutsche Nationalbibliothek". Deutsche Nationalbibliothek. Consultado o 3 de xullo de 2019.[Ligazón morta]
- (en alemán) "Índice dos cursos impartidos por Hermann Osthoff na Universidade de Leipzig, na Historische Vorlesungsverzeichnisse der Universität Leipzig". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2010. Consultado o 23 de marzo de 2011.