Saltar ao contido

Herba do gato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Herba do gato

Pulicaria dysenterica
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Tribo: Inuleae
Xénero: Pulicaria
Especie: Pulicaria dysenterica

A herba do gato[1] (Pulicaria dysenterica) é unha planta da familia das asteráceas.

Ilustración
Vista da planta

Descrición

[editar | editar a fonte]

Planta vivaz, de 20–70 cm de alto, ramificada por riba, formando crecenzas de suave recendo. Talo de vilosidade lanosa por riba. Follas basais pecioladas, marchitas na floración. Follas caulinares alternas, lanceoladas, de 2–5 cm de longo, coa base acorazonada até en forma de frecha, arrodeando o talo, aserradas, verdes, ásperas pola face, polo envés tomentosas de cinsento. Numerosos capítulos de 1,5–3 cm de largo, semiesféricos. Pedúnculos dos capítulos de 1,5,2,5 cm de longo, cun hipsofilo como máximo. Involucro de varias camadas. Brácteas involucrais máis ou menos punxentes e máis ou menos laúdas e glandulosas. Lígulas amarelas douradas, sobresaíndo uns 5 mm do involucro. Flósculos amarelos. Froitos de 1,5 mm de longo, con 14-20 sedas arrodeadas dunha coroa membranosa. Florea polo verán.[2]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Mediterráneo e no norte até Europa central. Pradeiras húmidas, brañas, lameiros, gabias.

Importancia económica e cultural

[editar | editar a fonte]
Usos

Antihistamínica ( prevén o broncoespasmo) e cardioestimulante. Popularmente emprégase como antibacteriana no tratamento das diarreas e como antidisentérica.

Dose: Infusión ao 2%, 2-3 cuncas ao día despois das comidas. Cómpre non adozar.

Parte utilizada: extermo superior aéreo.

Principios activos

Polienos e poliínos. Flavonoides e ácidos fenólicos.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Pulicaria dysenterica foi descrita por (L.) Bernh. e publicado en Systematisches Verzeichnis 153. 1800.[4]

Citoloxía

Número de cromosomas de Pulicaria dysenterica (Fam. Compositae) e táxones infraespecíficos: 2n=20.[5]

Varieadades aceptadas
Sinonimia
  • Pulicaria uliginosa Stev. ex DC.
  • Aster dysentericus (L.) Scop.
  • Diplopappus dysentericus (L.) Bluff & Fingerh.
  • Pulicaria dysenterica var. dysenterica[6]
  • Galego: herba do gato, desentérica[7]
  1. Nome vulgar galego en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991
  2. Bayer, Ehrentraud; Buttler; Finkenzeller; Grau (1989). Plantas del Mediterráneo. Barcelona:Blume. ISBN 84-7031-629-X. 
  3. Bautista Peris, J.; Stübing G., Romo A. (2001). Plantas Medicinales de la Península Ibérica e Islas Baleares. Madrid:Jaguar. ISBN 84-89960-51-6. 
  4. "Herba do gato". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 26 de setembro de 2014. 
  5. Proves Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955).
  6. "Herba do gato". The Plant List. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 26 de setembro de 2014. 
  7. Nome vular en Diccionario Gallego, Juan Cuveiro Piñol (1876), Barcelona

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
  2. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
  3. Flora of China Editorial Committee. 2011. Flora of China (Asteraceae). 20–21: 1–992. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]