Saltar ao contido

Henry Le Chatelier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenry Le Chatelier

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Henry Louis Le Châtelier Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1850 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte17 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Miribel-les-Échelles, Francia Editar o valor en Wikidata
Presidente Société d'encouragement pour l'industrie nationale (en) Traducir
1903 – 1905 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónEscola Superior de Minas de París (1871–1873)
Escola Politécnica (1869–1870)
Universidade de París
Collège-lycée Jacques-Decour (en) Traducir
Collège Stanislas (París) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, enxeñeiro, catedrático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCollège de France (pt) Traducir, catedrático (1898–1907)
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoNathalie Demassieux (en) Traducir e Paul Frédéric Laffitte (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosFrançois Le Chatelier Editar o valor en Wikidata
PaiLouis Le Chatelier Editar o valor en Wikidata
IrmánsAndré Le Chatelier
Louis Le Chatelier
Alfred Le Chatelier Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ле Шателье Анри Луи)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4579885

Henry Louis Le Chatelier, nado o 8 de outubro de 1850 en París e finado o 17 de setembro de 1936 en Miribel-les-Échelles, foi un químico francés, coñecido polo principio dos equilibros químicos que leva o seu nome.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de Louise Durand e de Louis Le Chatelier, un enxeñeiro que tivo un gran papel na industria francesa decimonónica grazas á introdución do proceso Martin-Siemens na siderurxia. Tivo unha irmá, Marie, e catro irmáns Louis 1853-1928, Alfred 1855-1929, Georges 1857-1935 e André 1861-1929. A súa educación foi rigorosa e estrita.[1] Estudou na École Polytechnique e como todos os alumnos acadou o rango de subtenente o 11 de setembro de 1870 e participou no sitio de París. Despois entrou na Escola Superior de Minas de París en 1871. Frecuentou o laboratorio de Henri Sainte-Claire Deville na Escola Normal Superior de París. Malia a súa formación de enxeñeiro, interesouse polos problemas industriais, dedicándose ao ensino e á investigación en química. Desde 1887 foi profesor de química xeral do curso preparatorio da Escola Superior de Minas de París e en 1897 logrou a cátedra de química industrial da Escola, que conservou ata o seu retiro. Foi o sucesor de Paul Schützenberger na cátedra de química mineral no Collège de France, e despois sucedeu a Henri Moissan na cátedra de química xeral da Facultade de Ciencias de París ata 1925 ao ser substituído por André Job. En 1907 entrou na Academia de Ciencias de Francia.

Sobre todo coñécese a Henry Le Chatelier por dous temas sobre os que vai publicar uns trinta traballos entre 1884 e 1914, o principio do equilibrio químico que leva o seu nome, e que permite predicir cara a onde evolucionará un equilibrio químico dunha forma cualitativa cando se introduce unha modificación, tal como unha variación de temperatura, de presión ou volume, nalgún dos seus compoñentes. O outro tema foi o da solubilidade dos sales nunha solución ideal. Mais tamén efectuou numerosos traballos en metalurxia, foi un dos fundadores da revista técnica La revue de métallurgie.

  • Cours de chimie industrielle (1896; segunda edicón, 1902)
  • Recherches expérimentales sur la constitution des mortiers hydrauliques (1904)
  • Leçons sur le carbone (1908)
  • Introduction à l'étude de la métallurge (1912)
  • La silice et les silicates (1914)
  1. Guillet, Louis (1937). "Henry Le Chatelier, sa vie son oeuvre". Revue de métallugie 18: 84–90. ISSN 0035-1563. Consultado o 13 de maio de 2010.