Henge

Un henge é un tipo de construción neolítica consistente en movementos de terra en forma de recinto circular peraltado cunha canle interna.
Características
[editar | editar a fonte]O termo henge foi empregado por primeira vez en 1932 por Thomas Kendrick tomando a raíz do topónimo Stonehenge, e que procede do inglés antigo heng, que significa "suspenso" ou "pendurado".[1][2]
Existen tres tipos de henges:
- Henge: duns 20 a 300 m de diámetro. Adoitan ter pequenas evidencias de ocupación no interior e estruturas rituais como círculos de pedra.
- Mini henge: de 5 a 20 m de diámetro. Tamén chamados monumento hengiforme ou henge de Dorchester.
- Super henge ou recinto-henge (henge enclosure en inglés) presentan mostras de ocupación e adoitan ter máis de 300 m de diámetro.
Henges en Galicia
[editar | editar a fonte]

Téñense localizado en Galiza, máis de 48 posíbeis construcións destas características, se ben a maioría permanecen sen investigar.[3]
En San Pedro de Benquerencia, Barreiros, localizáronse en 2006 os restos dun círculo lítico duns 50 metros de diámetro durante a construción da Autovía do Cantábrico. O henge de Roda ten uns 3 700 anos de antigüidade.[4][5] Esta construción consta dun foxo exterior de entre tres e catro metros de diámetro e un metro de profundidade. O círculo está formado por dous muros, entre os cales se depositou terra do foxo, formando así o parapeto. Tería no punto máis alto probablemente os tres metros. Consérvase a zona de entrada, de entre metro e medio e dous metros, orientada ao noroeste. Xunto á entrada hai unha pedra que podería ser un dos menhires que delimitaban o acceso.
Outro henge podería estar en Coeses (Lugo),[6] o Henge de Lavandeiras,[7] índa sen estudar. En San Bartolomeu de Xove, nas obras do corredor San Cibrao-Ferrol foi atopada unha formación similar ás anteriores.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Henge". Dictionary.com (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2015.
- ↑ Rothwell, Henry. "Henges – or the archaeology of etymology (or vice versa); The man who gave us the word". Digital digging (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2015.
- ↑ Torna, Cilia. "Os 'henges' galegos da Idade de Bronce". nosdiario.gal. Consultado o 2022-01-22.
- ↑ Alonso, José (2016-01-22). "El carbono 14 revela que A Roda, el Stonehenge gallego, se construyó hace 3.700 años". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2024-04-16.
- ↑ Alonso, José (2015-08-01). "A Roda, el Stonehenge gallego". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-04-16.
- ↑ Redacción (13 de marzo de 2017). "Podería haber no norte de Lugo un pequeno Stonehenge?". historiadegalicia.gal. Consultado o 16 de abril de 2024.
- ↑ Redacción (13 de xullo de 2019). "O HENGE DE LAVANDEIRAS, EN XOVE, QUEDARÁ AO DESCUBERTO MÁIS DE TRES ANOS DESPOIS". xornaldamaria-tkb.gal (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2024.
- ↑ Rodríguez, Lucía (28 de decembro de 2017). "A Roda, un henge en Galiza". sermosgaliza.gal. Archived from the original on 12 de xuño de 2018. Consultado o 28 de decembro de 2017.