Heidi Hautala
Heidi Hautala, nada o 14 de novembro de 1955 en Oulu, Finlandia, é unha dirixente política ecoloxista finlandesa coñecida pola súa eficiencia, versatilidade e experiencia en políticas verdes e sustentable, centrándose en Dereitos humanos, transparencia, xustiza global e lexislación ambiental responsable.[1][2]
Foi presidenta da Liga Verde (en finés: Vihreä liitto) de 1987 a 1991, e candidata presidencial en 2000 e 2006.
Trala incorporación de Finlandia á Unión Europea en 1995, foi elixida para o Parlamento Europeo en 1996. Posteriormente regresa ao parlamento nacional nas eleccións de 2003, volvendo ser elixida eurodeputada en 2009. Desde xuño de 2011 presidiu a Subcomisión de Dereitos Humanos e posteriormente traballou como ministra de Desenvolvemento Internacional de Finlandia no gabinete de Jyrki Katainen.[3]
En outubro do 2013, Hautala dimitiu do seu cargo declarando publicamente deixar a súa posición como ministra tras admitir ser inexacta e incorrecta en canto á información desvelada en canto ao caso "Arctia Shipping".[4]
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Antes dos seus importantes cargos políticos, Heidi destacou polo seu activismo en diversas áreas como o foi e segue sendo a protección do Medio Ambiente e a permacultura. Creando espazos de diálogo e alternativas de desenvolvemento competitivo e sustentable; desde o "Lendario Kasvis" de Helsinqui (famoso restaurante vexetariano) até a incidencia en políticas públicas como a IRIE, "Initiative and referendum institute Europe" ou a política de desenvolvemento como presidente de KEPA (Centro de Servizo Finlandés para a Cooperación ao Desenvolvemento).[5]
Tamén se induce no xornalismo participando na fundación da revista "Uuden Ajan Aura" (A Aura da Nova era) (1975) e máis tarde en "Suomi" (1982), as cales se converteron en importantes revistas finlandesas de opinión e formación cultural do seu tempo.
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]Foi líder do Partido Verde finlandés 1987-1991. Posteriormente é nomeada membro do Parlamento Nacional de 1991 a 1995. Trala unión de Finlandia á Unión Europea (UE) en 1995, Hautala é elixida deputada do Parlamento Europeo.
En 1998 a Comisión do Parlamento Europeo sobre os Dereitos das Mulleres e a Igualdade de oportunidades elixiuna como a súa presidenta. Do mesmo xeito que o Consello para a igualdade de xénero de Finlandia (TANE).
Demostrando a súa capacidade en diversos postos de responsabilidade política, foi elixida candidata presidencial no 2000 e 2006. E membro do Parlamento Nacional en 2003. Na primeira rolda das eleccións de 2006, terminou en cuarta posición de oito candidatos con 3,5 % (sendo a cuarta forza máis votada con 105,248 votos) segundo rexistros electorais.[6]
En 2009, foi reelixida novamente como representante no Parlamento Europeo.
Signataria da Declaración do 2010 sobre os Crimes do Comunismo e actual crítica da política establecida por Vladimir Putin, foi membro da Conciliación do Grupo de Historia Europea, Presidenta da Fundación Verde Europea.[7][8][9]
En outubro do 2013, Hautala dimitiu do seu cargo declarando publicamente deixar a súa posición como ministra tras admitir ser inexacta e incorrecta en canto á información desvelada nos seus informes e accións no manexo político da empresa "Arctia Shipping"; mentres esta procedía a iniciar investigacións policiais en contra da organización Greenpeace[10]trala irrupción no Ártico dun buque conformado por activistas de Greenpeace en contra da exploración de gas e petróleo.[11]
Regresou ao Parlamento Europeo en 2014.
Actualmente forma parte do consello asesor da "Caucasian Chamber Orchestra association and its German "Förderverein".
Educación
[editar | editar a fonte]Con estudos e experiencia en política e xestión de desenvolvemento, Hautala á súa vez tamén conta con mestría en Agricultura e Silvicultura.
Libros publicados
[editar | editar a fonte]- Hautala, Heidi (2008). "Venäjä-teesit - Vakaus vai vapaus?". Fi: Tammi. ISBN 978-951-31-4245-2.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Human Rights". European Parliament. Consultado o 8 de novembro de 2015.[Ligazón morta]
- ↑ Curtin, Deirdre; Wessel, Ramses A. (2005). Good Governance and the European union: Reflections on Concepts, Institutions and Substance. Ius Commune Europaeum (en inglés) 49. Intersentia nv. ISBN 9050953816.
- ↑ Curtin, Deirdre; Wessel, Ramses A. (2005). Good Governance and the European union: Reflections on Concepts, Institutions and Substance. Ius Commune reeks (en inglés) 49. Intersentia nv. ISBN 9789050953818. Consultado o 8 de novembro de 2015.
- ↑ ""Hautala steps down over Greenpeace furore"". UUTISET. YLE News. 11 de outubro de 2013. Consultado o 9 de novembro de 2015.
- ↑ European Free Alliance, The Greens. "Heidi" (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2015.
- ↑ Information Centre of Finno- Ugric Peoples (2015). "Heidi Annelli Hautala" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 9 de novembro de 2015.
- ↑ "International Conference "Crimes of the Communist Regimes"". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. Consultado o 8 de abril de 2011.
- ↑ Tisdall, Simon (15 de xuño de 2006). "Putin's shadow falls over Finland". The Guardian (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2015.
- ↑ "Human Rights". European Parliament. Consultado o 8 de novembro de 2015.[Ligazón morta]
- ↑ Suominem, Helli (11 de outubro de 2013). ""Valtion laivayhtiön toimitusjohtajaa uhattiin erottamisella"" (en finés). Helsingin Sanomat. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 9 de novembro de 2015.
- ↑ ""Greenpeace scandal forces Finnish minister's resignation"" (en inglés). RT News. 11 de outubro de 2013. Consultado o 8 de novembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heidi Hautala |