Gregor Piatigorsky
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1903 Dnipro, Ucraína |
Morte | 6 de agosto de 1976 (73 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Lugar de sepultura | Westwood Village Memorial Park Cemetery (pt) |
Educación | Conservatório de Moscovo (pt) |
Actividade | |
Ocupación | violoncellista, profesor de música, músico, compositor |
Período de actividade | 1910 - |
Empregador | Universidade de Boston |
Xénero artístico | Música clásica |
Alumnos | Lorne Munroe (en) |
Instrumento | Violoncello |
Familia | |
Cónxuxe | Jacqueline Piatigorsky (1937–) |
Fillos | Jeptha Drachman, Joram Piatigorsky |
Irmáns | Q60826299 |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Пятигорский Григорий Павлович) Obálky knih, |
Gregor Piatigorsky, nado en Ecaterinoslav (daquela en Rusia e actualmente denominada Dnipro en territorio ucraíno) o 17 de abril de 1903 e finado nos Ánxeles (Estados Unidos) o 6 de agosto de 1976, foi un violoncellista ucraíno radicado nos Estados Unidos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coñecido como Grisha, naceu en Ecaterinoslav e estudou violín e piano co seu pai sendo un neno. Apaixonouse daquela polo violonchelo. Gañou unha bolsa para o Conservatorio de Moscova, gañando cartos tocando en cafés.
A Revolución Rusa tivo lugar cando contaba con trece anos. Aos quince foi contratado como violonchelista principal no Teatro Bolshoi. As autoridades rusas non o deixaron viaxar ao estranxeiro para completar os seus estudos, entón fuxiu a Polonia nun tren cun grupo de artistas.
Aos dezaoito anos, estudou en Berlín e Leipzig con Hugo Becker e Julius Klengel, con quen formou un cuarteto que tocaba en cafés. Un dos oíntes desa época foi Wilhelm Furtwängler, quen o contratou para ser o violonchelista principal da Berliner Philharmoniker.
En 1929, visitou os Estados Unidos por primeira vez, tocando coa Philadelphia Orchestra con Leopold Stokowski e coa New York Philharmonic, con Willem Mengelberg. En Ann Arbor, Míchigan, casou con Jacqueline de Rothschild, filla de Edouard Alphonse de Rothschild, da Familia Rothschild da Francia. Logo da Ocupación Nazi en Francia na segunda guerra mundial, a familia fuxiu e foi a Elizabethtown, nas Montañas Adirondacks.
Gravou con Arthur Rubinstein, Jascha Heifetz, Vladimir Horowitz e Nathan Milstein[1].
De 1941 a 1949, traballou no Curtis Institute of Music en Filadelfia, e impartiu clase en Tanglewood, Universidade de Boston e Universidade do Sur de California, onde permaneceu ata a súa morte nos Ánxeles (California).
Tiña dous violíns Stradivarius. Ivan Galamian describiu unha vez a Piatigorsky como o meirande violoncellista de tódolos tempos. Tivo contactos cos maiores artistas de seu tempo: Prokofiev, Hindemith, William Walton, Stravinsky e Richard Strauss.
Piatigorsky tamén era un amante do xadrez. A súa dona gañou varias competicións deportivas polos Estados Unidos. Xuntos organizaron varios campionatos de xadrez, nos cales participaron xadrecistas famosos como Paul Keres, Tigran Petrosian e Boris Spassky.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Piano ma non solo, Jean-Pierre Thiollet, Anagramme Ed., 2012, p. 147. ISBN 978-2-35035-333-3