Saltar ao contido

Grannus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

No politeísmo celta, Grannus (tamén Granus Mogounus Amarcolitanus) foi unha deidade asociada coas augas termais, as fontes e o sol. Foi identificado frecuentemente con Apolo como Apollo Grannus. A súa devoción era frecuente en conxunto con outras deidades como Sirona ou Marte.

Unha inscrición do século I dunha fonte pública de Limoges menciona un festival galo dedicado a Grannus (Latinizado como decamnoctiacis Granni):

POSTVMVS DV[M]
NORIGIS F(ilius) VERG(obretus) AQV
AM MARTIAM DECAM
NOCTIACIS GRANNI D(e) S(ua) P(ecunia) D(edit)[1]

Tradución: "O Vergobretus Postumus fillo de Dumnorix deu dos seus propios cartos a Aqua Martia ("Auga de Martius [ou Mars]", un acueduto[2]) para o festival de dez noites de Grannus".

  1. AE 1989: 521; AE 1991: 1222.
  2. Laurent Lamoine, Le pouvoir local en Gaule romaine, Presses Univ Blaise Pascal, 2009, p. 114-115.