Saltar ao contido

Graciano Leivas Freire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGraciano Leivas Freire
Biografía
Nacemento1909 Editar o valor en Wikidata
Mondoñedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte1991 Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, mecánico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 8761

Graciano Leivas Freire, nado en Mondoñedo en 1909 e finado en 1991, foi un mecánico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Graciano Leivas Gallego, fundador dos Talleres Leivas. Militante socialista, na República foi tesoureiro da Agrupación Socialista de Mondoñedo (1932) e en 1936 secretario da mesma, que presidía Luís Trigo Chao. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Mondoñedo o 8 de agosto. Permaneceu no cárcere de Mondoñedo até o 3 de setembro de 1937, cando foi trasladado á Coruña. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión o 10 de abril de 1938 con José Sánchez Gacio, José Ramón Villamarín Pallín, Eloy Castro Dorrego, Guillermo Otero Villalba, Francisco García Martínez, Alfredo Martínez Martínez, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande Villar, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoria, foi condenado a cadea perpetua.

Nos anos corenta participou no intento de reorganización do PSOE en Lugo e na Coruña con Manuel Cobas Rodríguez, Luis Fernández del Valle, José Mateo Mariñas Ferrero, Antonio Vidal Vilas e outros. Foi detido con Manuel Cobas o 25 de xullo de 1945 acusado de actividades clandestinas de tipo socialista.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pedreira, Ricardo (2006). Consejo de Guerra por Rebelión Militar. Mindonienses condenados en 1937. Mondoñedo: Asociación Amigos da Cidade de Mondoñedo. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]