Saltar ao contido

Goura victoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Goura victoria
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Columbiformes
Familia: Columbidae
Subfamilia: Gourinae
Xénero: Goura
Especie: G. victoria
Nome binomial
Goura victoria
Fraser, 1844
Subespecies
Véxase o texto

A Goura victoria é unha especie de ave columbiforme da familia Columbidae endémica de Nova Guinea.

Características

[editar | editar a fonte]
Exemplares en catividade.

É unha pomba moi grande, ten uns 74 centímetros de lonxitude do corpo, coloración azulada afrisada con crista azul, peito castaño e iris vermello. A ave pode recoñecerse doadamente por posuír as únicas puntas brancas na súa crista. Soamente pon un ovo, o cal eclosiona despois de 30 días.

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Recoñécense dúas subespecies de Goura victoria:[2]

  • Goura victoria vitoria - Illas Yapen e Biak (Nova Guinea).
  • Goura victoria beccarii - Norte de Nova Guinea.