Saltar ao contido

Gordon Hayward

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGordon Hayward

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Indianapolis, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónBrownsburg High School (en) Traducir
Butler University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura199 cm Editar o valor en Wikidata
Peso96 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, atleta profesional Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo20 Editar o valor en Wikidata
Convocado porUtah Jazz, 9º (24 de xuño de 2010) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2010 Butler Bulldogs
2010–2017 Utah Jazz
2017– Boston Celtics
Premios

Páxina webgordonhayward20.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: gordonhayward Instagram: gordonhayward Editar o valor en Wikidata

Gordon Daniel Hayward[1], nado en Indianapolis (Indiana) o 23 de marzo de 1990, é un ex-xogador de baloncesto profesional estadounidense. Xogou para a Universidade de Butler en Indianapolis dúas tempadas antes de irse á NBA. Hayward salientou na súa tempada coma sophomore (segundo ano), liderando aos Butler Bulldogs a un gran remate do torneo da NCAA de 2010.[2] Foi elixido polos Utah Jazz na 9ª posición do Draft da NBA de 2010.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Hayward xogou en 72 partidos na súa tempada coma rookie en Utah, acadando 5,4 puntos por partido e unha porcentaxe do 47% en triplas. No comezo da tempada, xogou pouco para os Jazz, pero foi gañando minutos a medida que avanzaba a tempada, e respondeu cun gran xogo nos últimos partidos. Fixo un gran partido contra os Los Angeles Lakers o 5 de abril, xogando mellor que Kobe Bryant nese partido, e facendo grandes xogadas nos derradeiros minutos para axudar á vitoria dos Jazz por 86-85.[3] Hayward rematou con 22 puntos, 6 rebotes e 5 asistencias, e a súa defensa fixo que Bryant tivera unha actuación horrible, con 7 perdas de balón, e tan só 6 de 18 de tiros de campo. Hayward rematou a tempada coa mellor marca da súa carreira, 34 puntos, na vitoria por 107-103 contra os Denver Nuggets.[4]

  1. Anderson, Kelli (31 de maio de 2010). "The Education of Gordon Hayward". Sports Illustrated. p. 1. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2010. Consultado o 2 de xuño de 2010. 
  2. Associated Press (7 de maio de 2010). "Butler readies for life without Hayward". ESPN.com. Consultado o 10 de maio de 2010. 
  3. "Utah Jazz stun Lakers 86-85 behind 22 from Gordon Hayward". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2013. Consultado o 06 de xuño de 2011. 
  4. Denver Nuggets vs. Utah Jazz - Box Score - April 13, 2011

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]