George A. Romero
George Andrew Romero, nado en Nova York o 4 de febreiro de 1940 e finado o 16 de xullo de 2017 en Toronto, foi un director de cine, guionista e editor estadounidense de orixe galega.
Romero é descrito a miúdo como un influente pioneiro do xénero cinematográfico de terror e foi chamado o "pai dos filmes de zombis"[1] e considerado unha "icona".[2][3] En varias ocasións contou o impacto que tiveron nel as historias da Santa Compaña que lle contaban as súas tías da Coruña,[4] No documental "George Romero: zombis e Santa Compaña" explórase esa relación.[5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]George A. Romero naceu en Nova York, no barrio do Bronx, sendo fillo de Anne Romero (nada como Dvorsky) e George Romero, un artista comercial.[6] A súa nai era de orixe lituana, e o seu era un galego que emigrou até Cuba sendo un neno.[7][8] O seu pai naceu en Galicia, posiblemente na Coruña, sendo a súa familia orixinaria da vila de Neda,[9][10] e alí viviu até os dous anos de idade. Criouse en Cuba, pero emigrou moi novo a Nova York. O seu avó naceu na Mourela do Medio (Neda), no fondo da ría de Ferrol, e emigrou a Cuba, aínda que sempre regresaba a Galicia cando a muller estaba embarazada, porque quería que os seus fillos nacesen no país.[9][10]
Comezou a rodar curtametraxes e anuncios en 1960. Tras unha primeira experiencia no terror fundou cuns amigos a produtora Images Ten Productions, coa que filmou en 1968 A noite dos mortos viventes, que acabou por se converter nunha película de culto. A súa familia galega colaborou no financiamento do filme.[11]
Considerado o gran creador das películas de zombis (ás que volvería repetidamente na súa carreira), nos seus filmes emprega o terror para reflexionar sobre temas sociais, como o racismo (Night of the Living Dead), o consumismo (Dawn of the Dead) ou a loita de clases (Land of the Dead).
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Director | Guionista | Montador | Actor | Personaxe |
---|---|---|---|---|---|---|
1968 | A noite dos mortos viventes | Washington reporter | ||||
1971 | There's Always Vanilla | |||||
1973 | Season of the Witch | |||||
The Crazies | Mayor | |||||
1978 | Martin | Father Howard | ||||
Zombie | TV Director | |||||
1981 | Knightriders | |||||
1982 | Creepshow | |||||
1985 | Day of the Dead | Zombie with scarf | ||||
Document of the Dead | El mesmo | |||||
1987 | Creepshow 2 | |||||
Drive-In Madness | El mesmo | |||||
1988 | Atracción diabólica | |||||
1990 | Tales from the Darkside: The Movie | |||||
Two Evil Eyes | ||||||
Night of the Living Dead | ||||||
1991 | O silencio dos cordeiros | Axente do FBI en Memphis | ||||
1993 | The Dark Half | |||||
2000 | Bruiser | |||||
The American Nightmare | El mesmo | |||||
2004 | Dawn of the Dead | |||||
2005 | Midnight Movies: From the Margin to the Mainstream | El mesmo | ||||
Land of the Dead | Puppeteer | |||||
2006 | Night of the Living Dead 3D | |||||
2007 | Diary of the Dead | Police Chief Arthur Katz | ||||
2008 | Day of the Dead | |||||
Dead On: The Life and Cinema of George A. Romero | El mesmo | |||||
2009 | Deadtime Stories | El mesmo | ||||
Survival of the Dead | ||||||
2010 | The Crazies | |||||
2011 | Deadtime Stories 2 | El mesmo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Morreu George A. Romero, o pai dos filmes de zombies". tvi.iol.pt.
- ↑ "George A. Romero, Father of the Zombie Film, Dies at 77". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2017.
- ↑ Davis, Clint (2017-07-16). "George Romero, zombie movie icon, dies at 77". WFTS (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2017.
- ↑ "El desconocido origen gallego de los zombis modernos". Vertele (en castelán). 2017-10-02. Consultado o 2023-09-24.
- ↑ "A Santa Compaña puido ser a orixe dos zombis do cine americano, segundo un documental da Televisión de Galicia". CRTVG. Consultado o 2023-09-24.
- ↑ "George A. Romero Biography (1940–)". Filmreference.com. 1940-02-04. Consultado o 2016-01-23.
- ↑ "The GENRE ONLINE.NET Interview - Writer and Director George A. Romero". Genreonline.net. Consultado o 2016-01-23.
- ↑ Maberry, Jonathan; Romero, George A. (11 de xullo de 2017). Nights of the Living Dead: An Anthology. St. Martin's Press. ISBN 9781250112255 – vía Google Books.
- ↑ 9,0 9,1 George A Romero: un director de cine casi nedense Arquivado 04 de outubro de 2013 en Wayback Machine., article by historian Manuel Pérez Grueiro in Revista de Neda. Anuario Cultural do Concello de Neda, nº 11, pp 21-24, 2008, re-published on Central Librera Ferrol bookshop's website.
- ↑ 10,0 10,1 Os zombis teñen orixe galega, Praza Pública, 1/10/2013.
- ↑ Pereiro, Xosé Manuel. "Galicia, la Santa Compaña y los zombies". ctxt.es ; Contexto y Acción (en castelán). Consultado o 2023-09-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na imdb (en inglés)