Saltar ao contido

Gasherbrum I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaGasherbrum I
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaPrefeitura de Kashgar, República Popular da China (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 35°43′28″N 76°41′47″L / 35.7244, 76.6964
CordilleiraGasherbrum (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude8.080 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica2.155 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico24 km Editar o valor en Wikidata
Clasificación dos cumesOitomil Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
5 de xullo de 1958 primeira ascensión Editar o valor en Wikidata

O Gasherbrum I é unha montaña de 8080 m de altitude que se sitúa como décimo primeira cima máis alta do planeta. O Gasherbrum I forma parte do macizo do Gasherbrum, situado na cadea do Karakorum, un xigantesco ramal do Himalaia, na fronteira entre Paquistán e a China.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

En 1856, cando se fixo o primeiro recoñecemento do Karakorum, T. G. Montgomery nomeouno K5 por ser o quinto pico de dita cordilleira. Porén, en 1892 William Martin Conway deulle o nome de Hidden Peak (Pico Oculto ou Escondido), en referencia ao seu extremado afastamento. O topónimo Gasherbrum é un orónimo en lingua balti, formado polas palabras "rgasha" (fermosa) e "brum" (montaña).

Ascensións

[editar | editar a fonte]

A primeira ascensión foi realizada por unha expedición norteamericana o 5 de xullo de 1958, so a dirección de Nich Clinch. Dous membros alcanzaron a cima: Pete Schoening e Andy Kauffman.

No ano 1983 houbo tres expedicións, suíza, polaca e española, que atinxiron o cume.

O alpinista vigués Abel Alonso faleceu xunto con Xebi Gómez e Álvaro Paredes, despois de facer cumio o 21 de xullo do 2013 ao perderse nunha tormenta no descenso.[1]

  1. X. R. Castro (27 de xullo de 2013). "Una caída mortal acabó con la vida del alpinista Abel Alonso". La Voz de Galicia (en castelán).