Saltar ao contido

Garland, Texas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGarland, Texas
Imaxe

EpónimoAugustus Hill Garland (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 32°54′24″N 96°38′06″O / 32.9067, -96.635
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoTexas
CondadoCondado de Dallas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación246.018 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.661,69 hab./km²)
Número de fogares75.886 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie148,053088 km² Editar o valor en Wikidata
Auga0,2295 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude168 m Editar o valor en Wikidata
Creación1891 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Garland, Texas (en) Traducir Editar o valor en WikidataScott LeMay (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal75040–75049, 75040, 75043, 75045, 75047 e 75048 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico214 - 972 Editar o valor en Wikidata

Sitio webgarlandtx.gov Editar o valor en Wikidata

Garland é unha cidade localizada no condado de Dallas no estado estadounidense de Texas. No censo de 2010 tiña 226.876 habitantes e era a 87ª cidade máis poblada dos Estados Unidos de América, a 12ª do Estado de Texas.

En 1850, os inmigrantes comezaron a chegar a esta área, pero non foi ata 1874 cando se formou unha comunidade. Nesta época apareceron dúas comunidades chamadas Embree e Duck Creek, que posteriormente se converteron noutra comunidade que lle dá o nome a esta cidade, Garland (Grilanda). En 1920, os traballadores que vivían na cidade financiaron unha planta de xeración eléctrica, Garland Power & Light, que aínda está activa na actualidade. Arredor de 1930 creáronse diversas empresas e na segunda guerra mundial establecéronse varias factorías de avións nesta zona. En 1950 a poboación en Garland superaba os 10.000 habitantes e seguiu medrando ata acadar en 1980 os 138.000 habitantes.

Garland forma parte dunha rexión húmida subtropical na que o mes máis quente é xuño (44 °C) e o máis frío xaneiro (-19 °C), e o mes en que hai máis precipitacións é maio.

Economía

[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia, Garland foi crecendo como cidade grazas a distintas empresas e actualmente aínda está activa unha delas, Kraft Foods. Tamén houbo outra empresa moi importante e que aínda hoxe fabrica sombreiros, Resistols Hat.

Educación

[editar | editar a fonte]

Garland Independent School District, GISD (Distrito Escolar Independente de Garland) xestiona os colexios e as universidades que hai nesta cidade. Dende novembro do 2006 o GISD tiña 52.391 estudantes e 3.236 profesores, cunha media aproximada de 16 alumnos por profesor.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]