Galotiinos
Galotiinos Gallotiinae | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gallotia galloti, macho (arriba) e femia, no Teide, Tenerife | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||||||
|
A dos Galotiinos (Gallotiinae) é unha subfamilia de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, unha das dúas en que se subdivide a familia dos lacértidos.
As súas especies distribúense polas illas Canarias, a Península Ibérica e os tres estados do noroeste de África: Marrocos, Alxeria e Tunisia.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A subfamilia foi descrita en 1984 polos zoólogos españois Jesús Cano Pérez, Marcos Báez, Luis Felipe López-Jurado e Gloria Ortega.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Gallotiinae está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Gallotia, coa adición do sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias dos animais.
Clasificación
[editar | editar a fonte]A subfamilia comprende unicamente dous xéneros, con 14 especies:[2]
Subfamilia Gallotiinae Cano, Baez, López-Jurado & Ortega, 1984
- Gallotia, con 8 especies propias das illas Canarias.[3]
- Gallotia atlantica (Peters & Doria, 1882)
- Gallotia auaritae Mateo, García-Márquez, López-Jurado & Barahona, 2001
- Gallotia bravoana Hutterer, 1985
- Gallotia caesaris (Lehrs, 1914)
- Gallotia galloti (Oudart, 1839)
- Gallotia intermedia Barbadillo, Lacoba, Pérez-Mellado, Sancho & López-Jurado, 1999
- Gallotia simonyi (Steindachner, 1889)
- Gallotia stehlini (Schenkel, 1901)
- Psammodromus, con 6 especies que se encontran en Europa e nos países do norte de África ribeiráns do mar Mediterráneo.[4]
- Psammodromus algirus Linnaeus, 1758
- Psammodromus blanci Lataste, 1880
- Psammodromus edwarsianus (Dugès, 1829)
- Psammodromus hispanicus Fitzinger, 1826
- Psammodromus microdactylus Boettger, 1881
- Psammodromus occidentalis Fitze, González-Jimena, San-José, San Mauro & Zardoya, 2012.[5]
Ademais, describíronse algúns taxons fósiles como, por exemplo, Janosikia ulmensis do mioceno inferior de Alemaña, e Pseudeumeces cadurcensis do oligoceno.[6]
Características
[editar | editar a fonte]Os galotiinos son en xeral similares ás especies da outra subfamilia dos lacértidos, a dos lacertinos. Chaman a atención as especies case extintas e recentemente redescubertas nas illas de Gran Canaria, Tenerife, La Gomera e El Hierro, que poden medir medio metro ou incluso 75 cm de lonxitude (xigantismo insular). Os galotiinos difieren principalmente dos lacertinos pola súa capacidade para emitiren sons, e por posuíren espiñas suaves na zona de división dos dous hemipenes, que desta maneira non están enganchados.[Cómpre referencia]
En Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia viven días especies do xénero Psammodromus:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ J. Cano, M. Báez, L. F. López-Jurado & G. Ortega (1984): "Karyotype and Chromosome Structure in the Lizard Gallotia galloti in the Canary Islands". Journal of Herpetology 18 (3): 344-346.
- ↑ Gallotiinae en The Reptile Database.
- ↑ Barahona, F.; Evans, S. E.; Mateo, J. A.; García-Márquez, M. & López-Jurado, L. F. (2000): "Endemism, gigantism and extinction in island lizards: the genus Gallotia on the Canary Islands". J. Zool. 250 (3): 373-388.
- ↑ Psammodromus na EOL.
- ↑ Fitze, Patrick S.; Gonzalez-Jimena, V.; San-José, L.M.; San Mauro, D. & Zardoya, R. 2012. A new species of sand racer, Psammodromus (Squamata: Lacertidae), from the Western Iberian Peninsula. Zootaxa 3205: 41–52.
- ↑ Andrej Čerňanský, Jozef Klembara & Krister T. Smith (2016): "Fossil lizard from central Europe resolves the origin of large body size and herbivory in giant Canary Island lacertids". Zoological Journal of the Linnean Society' 176 (4): 861–877.
- ↑ Galán Regalado & Fernández Arias 1993, p. 337.
- ↑ Galán Regalado & Fernández Arias 1993, p. 342.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Galotiinos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cano, J.; M. Baez, L. F. López-Jurado & G. Ortega(1984): "Karyotype and Chromosome Structure in the Lizard, Gallotia galloti in the Canary Islands". Journal of Herpetology 18 (3): 344-346.
- Galán Regalado, Pedro e Fernández Arias, Gustavo (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-722-6.
- Mayer, W. & Benyr, G. (1994): "Albumin-Evolution und Phylogenese in der Familie Lacertidae (Reptilia: Sauria)". Annalen des Naturhistorischen Museums in Wien. Serie B für Botanik und Zoologie 96: 621–648.