Galegos en Alemaña
Parte da serie sobre o |
Pobo galego |
---|
Por país |
Demografía de Galicia Diáspora Alemaña · Arxentina · Brasil · Cuba · Estados Unidos de América · Francia · México · Reino Unido · Suíza · Uruguai · Venezuela |
Cultura |
Arquitectura · Arte · Baile · Gastronomía · Literatura · Loita · Música · Mitoloxía · Relixión · Símbolos · Traxe |
Linguas |
Galego Dialecto berciano Xergas: Barallete · Verbo dos arxinas |
Historia de Galicia |
Os galegos en Alemaña son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron en Alemaña. No ano 2016, eran 17 023 habitantes,[1] concentrados principalmente na cidade de Hamburgo, onde viven máis de 4 000, e en menor medida, noutras zonas do país.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Historicamente, Galicia foi un exportador neto de poboación para o resto de España e a inmigración galega foi masiva entre finais do século XIX e comezos do século XX. Entre 1900 e 1981, a saída neta de persoas de Galicia foi de máis de 825 000. Tamén tivo un factor importante a guerra civil española, a caída da Segunda República Española e a chegada de Francisco Franco ó poder.[3] Isto motivou unha nova onda de emigración cara a fóra de Galicia a outros países europeos, sobre todo a Francia, Suíza, Alemaña e, en menor medida, no Reino Unido.
A emigración galega en Alemaña foi especialmente intensa na década de 1960, e estivo vinculada á necesidade de man de obra pouco cualificada nese país, como por exemplo no sector da construción.[4] Moitos dos traballadores galegos que marcharon a Alemaña fixérono contratados a través da Oficina Federal de Colocación e do IEE. Porén, calcúlase que un de cada tres emigrantes galegos en Alemaña fixérono de maneira "irregular"[4] buscando transporte, traballo e aloxamento polos seus propios medios.
Censo electoral de galegos residentes en Alemaña por provincia de inscrición, a 1/9/2023 [5] | |
---|---|
Provincia da Coruña | 3.896 |
Provincia de Lugo | 836 |
Provincia de Ourense | 4.795 |
Provincia de Pontevedra | 5.763 |
Total de galegos en Alemaña | 15.290 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Míguez, Marcos (15 de marzo de 2017). "Unos 8.000 gallegos emigraron en el 2016". Consultado o 15 de marzo de 2017.
- ↑ "Feijóo destaca el papel de los emigrantes gallegos en Alemania por contribuir a hacer una Galicia más amplia y universal, y los conmina a ser "embajadores de nuestro país, faros de nuestra cultura y profetas de nuestra tierra"". 22 de xuño de 2014. Consultado o 3 de maio de 2022.
- ↑ Escalhao, Cecilia L. "Biblioteca Galega de Bos Aires" (PDF) (en castelán). bn.gov.ar. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de setembro de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 consellodacultura.gal (ed.). "Grupo de emigrantes galegos na construción en Alemaña, anos 60". Consultado o 3 de maio de 2022.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Muñoz Sánchez, Antonio (2012). "Una introducción a la historia de la emigración española en la República Federal de Alemania (1960-1980)" Iberoamericana (en castelán). XII, número 46. pp. 23–42.