Gaceta de Galicia (Vigo)
Aparencia
Gaceta de Galicia | |
---|---|
País | España |
Lugar | Vigo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gaceta de Galicia (homónimos).
Gaceta de Galicia foi unha revista, de carácter bilingüe,[1] editada en Vigo en 1929.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Letras, artes, industrias, actualidades, etc, apareceu o 4 de agosto de 1929. Fundada por Eugenio de Olano, estaba dirixida por José Luís Viñas Castro.[1] Revista quincenal con moita información gráfica, no seu primeiro número formula os obxectivos de achegar a Galicia as novas correntes de pensamento que se daban en Europa e América. Entre os seus colaboradores figuraron Roberto Blanco Torres, Ramón Otero Pedrayo, Eugenio Montes, Evaristo Correa Calderón, Álvaro das Casas, Florentino López Cuevillas, Cándido Fernández Mazas, Carlos Maside e Ksado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Gaceta de Galicia". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Do Castro. p. 590. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega II. Editorial Galaxia. p. 203-204. ISBN 84-8288-137-X.