Gabriel Voisin
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Eugène Gabriel Voisin 5 de febreiro de 1880 Belleville, Francia |
Morte | 25 de decembro de 1973 (93 anos) Ozenay, Francia |
Lugar de sepultura | Cimetière de Villars (en) |
Educación | Prytanée National Militaire (pt) |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, empresario, aviador |
Familia | |
Fillos | Janine Voisin |
Irmáns | Charles Voisin |
Premios | |
| |
Gabriel Voisin (5 de febreiro de 1880 - 25 de decembro de 1973) foi un pioneiro da aviación francés e o creador do primeiro avión máis pesado que o aire tripulado e con motor europeo capaz dun voo sostido (1 km), circular e controlado, que realizou Henry Farman o 13 de xaneiro de 1908 preto de París. Durante a primeira guerra mundial a compañía fundada por Voisin converteuse nunha gran produtora de avións militares, destacando o Voisin III. Posteriormente cambiu ao deseño e fabricación de automóbiles de luxo baixo o nome de Avions Voisin.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The New York Times (ed.). "Gabriel Voisin, an Air Pioneer, Who Flew Glider in 1904, Dies". Consultado o 4 de febreiro de 2017.