Saltar ao contido

Gabriel Celaya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGabriel Celaya

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1911 Editar o valor en Wikidata
Hernani, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de abril de 1991 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, prosista, dramaturgo, enxeñeiro, escritor, ensaísta Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía e ensaio Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAmparo Gastón Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webgabrielcelaya.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX828313 Musicbrainz: 0e669004-9c9c-4576-b862-832c27a45383 Find a Grave: 7293333 Editar o valor en Wikidata
Placa rememorativa na casa de Madrid na que viviu Gabriel Celaya ata o seu pasamento.

Rafael Gabriel Juan Múgica Celaya Leceta Cendoya, comunmente coñecido coma Gabriel Celaya, nado en Hernani, Guipúscoa, o 18 de marzo do 1911 e finado en Madrid o 18 de abril do 1991, foi un poeta en lingua castelá, sobranceiro representante da poesía social dos anos 50 aínda que de moi variada traxectoria. A súa obra máis coñecida é Cantos íberos (1955). Foi Premio Nacional das Letras Españolas no 1986.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inicia os seus estudos en Donostia, aínda que pasa tempadas en Pau e El Escorial. No 1928 trasládase a Madrid para emprender a carreira de Enxeñaría industrial e intégrase na bulideira vida intelectual da cidade, establecendo amizade con Federico García Lorca, Salvador Dalí ou Luis Buñuel.

No 1935 regresa a Donostia para empezar a traballar na empresa familiar. Alí sorpréndeo a Guerra Civil española; Celaya participa como voluntario no bando republicano chegando a ser capitán de gudaris en Biscaia. Tras o remate do conflito volve á empresa familiar onde desempeña o cargo de xerente.

Nos anos 40 comeza a publicar artigos no xornal donostiarra La Voz de España, ademais de participar na fundación da revista Egan e da colección de poesía Norte.

As continuas crises matrimoniais desembocan na ruptura definitiva no 1954. Dous anos máis tarde abandona o seu traballo e marcha a vivir a Madrid coa intención de vivir só da súa actividade poética, obxectivo que consegue. Empeza entón a súa etapa máis prolífica como poeta. Viaxa varias veces a Cuba na compaña do escritor cubano Nicolás Gullén.

Coa chegada da democracia comprométese coa política e preséntase como candidato polo Partido Comunista de España nas eleccións lexislativas do 1977. Tras o seu falecemento, as súas cinzas foron espalladas por Hernani e Donostia segundo os seus desexos.

Traxectoria poética

[editar | editar a fonte]

Gabriel Celaya foi un poeta de traxectoria moi heteroxénea, malia que gran parte da súa sona bebe da súa etapa de poeta social comprometido coa mellora da realidade sociopolítica do tempo que lle tocou vivir. Con todo, é posible albiscar na súa obra unha serie de etapas.

As súas primeira obras (por exemplo, La soledad cerrada, 1947) teñen un marcado acento surrealista e vangardista, influenciado pola Xeración do 27. Pasa a continuación por unha breve época na que a súa lírica se aproxima ao existencialismo para axiña encetar unha longa etapa como poeta social, con libros como Cantos íberos (1955), auténtica manifestación de compromiso coa realidade histórica, e que supuxo, xunto co poemario de Blas de Otero Pido la paz y la palabra o punto de inflexión que marcou o cambio da poesía existencial á comprometida. Celaya expresa o seu desexo de chegar ao pobo, polo que emprega unha linguaxe clara, coloquial, preocupádose polos contidos moito máis que polos valores formais, en palabras do propio Celaya, escribir como quen respira. A inxustiza social, a alienación, o mundo do traballo e as arelas de liberdade e un mundo mellor son as temáticas recorrentes desta xeira.

Pero, igual que lle aconteceu a Blas de Otero, Gabriel acaba desenganándose da poesía como arma para cambiar o mundo. Sabe que, aínda que non queira, a poesía seguirá a ser sempre un xénero minoritario. Adéntrase entón nunha sorte de poesía épica, onde se enxerga unha preocupación polos valores lendarios vascos (Rapsodia éuskara, 1961) para finalmente realizar incursións na poesía experimental (Campos semánticos, 1971), conxugando ás veces esta experimentación coa denuncia social (El hilo rojo, 1977).

Nos seus últimos poemarios constátase unha preocupación cada vez maior pola historia ancestral e a poesía órfica, concibindo a actividade poética como vía de penetración nos misterios da historia e da existencia mesma.

  • Poesía
    • Marea del silencio, 1935
    • La soledad cerrada, 1947
    • Movimientos elementales, 1947
    • Tranquilamente hablando, 1947
    • Objetos poéticos, 1948
    • El principio sin fín, 1949
    • Se parece al amor, 1949
    • Las cosas como son, 1949
    • Deriva, Alicante, 1950
    • Las cartas boca arriba, 1951
    • Lo demás es silencio, 1952
    • Paz y concierto, 1953
    • Ciento volando (con Amparo Gastón), 1953
    • Vía muerta, 1954
    • Cantos iberos, 1955
    • Coser y cantar (con Amparo Gastón), 1955
    • De claro en claro, 1956
    • Entreacto, 1957
    • Las resistencias del diamante, 1957
    • Música celestial (con Amparo Gastón), 1958
    • Cantata en Aleixandre, 1959
    • El corazón en su sitio, 1959
    • Para vosotros dos, 1960
    • Poesía urgente, 1960
    • La buena vida, 1961
    • Los poemas de Juan de Leceta, 1961
    • Rapsodia eúskara, 1961
    • Episodios nacionales, 1962
    • Mazorcas, 1962
    • Versos de otoño, 1963
    • Dos cantatas, 1963
    • La linterna sorda, 1964
    • Baladas y decires vascos, 1965
    • Lo que faltaba, 1967
    • Poemas de Rafael Múgica, 1967
    • Los espejos transparentes, 1968
    • Canto en lo mío, 1968
    • Poesías completas, 1969
    • Operaciones poéticas, 1971
    • Campos semánticos, 1971
    • Dirección prohibida, 1973
    • Función de Uno, 1973
    • El derecho y el revés, 1973
    • La hija de Arbigorriya, 1975
    • Buenos días, buenas noches, 1978
    • Parte de guerra, 1977
    • Poesías completas (Tomo I-VI), 1977-80
    • Iberia sumergida, 1978
    • Poemas órficos, 1981
    • Penúltimos poemas, 1982
    • Cantos y mitos, 1984
    • Trilogía vasca, 1984
    • El mundo abierto, 1986
    • Orígenes / Hastapenak, 1990
    • Poesías completas, 2001-04
  • Ensaio
    • El arte como lenguaje, 1951
    • Poesía y verdad, 1959
    • Juan Manuel Caneja, 1959
    • Exploración de la poesía, 1964
    • Castilla, a cultural reader (con Phyllis Turnbull), 1960
    • Inquisición de la poesía, 1972
    • La voz de los niños, 1972
    • Bécquer, 1972
    • Los espacios de Chillida, 1974
    • Lo que faltaba de Gabriel Celaya, 1984
    • Reflexiones sobre mi poesía, 1987
    • Ensayos literarios, 2009
  • Prosa
    • Tentativas, 1946
    • Lázaro calla, 1949
    • Penúltimas tentativas, 1960
    • Lo uno y lo otro, 1962
    • Los buenos negocios, 1965
    • Memorias inmemoriales, 1980
  • Drama
    • El relevo, 1963
    • Ritos y farsas. Obra teatral completa, 1985

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Lázaro, F. e Tusón, V. (1982) Literatura española, Ed. Anaya.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]