Saltar ao contido

Fundación Caixa Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fundación Caixa Galicia
Edificio da Fundación Caixa Galicia no polígono industrial de POCOMACO, na Coruña.
TipoCultural
Data de fundación1989
Nomeado en referencia aCaixa Galicia
EnA Coruña
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

A Fundación Caixa Galicia foi unha fundación galega creada para promover a cultura.

A Fundación Caixa Galicia naceu en 1989 como unha fundación vinculada á entidade financeira Caixa Galicia co fin de promover a cultura nas súas múltiples facetas e manifestacións, para iso, establecéronse como propósitos fundamentais da Fundación, entroutros, o fomento da innovación, o desenvolvemento da creatividade, o crecemento do capital humano e a promoción da identidade cultural. Dende o 2006 xestiona o emblemático Teatro Colón da Coruña. Coa fusión das caixas galegas Caixa Galicia e Caixanova pasou a denominarse Fundación Novacaixagalicia. Posteriormente, cando Banesco compra Novagalicia Banco, pasará a denominarse Afundación[1].

Obxectivos

[editar | editar a fonte]

A Fundación Caixa Galicia dedica o seu esforzo a ofrecer unha ampla variedade de propostas culturais e a manter unha presenza constante en toda a comunidade galega, así como noutros lugares de España e do estranxeiro buscando a implicación nas demandas culturais da sociedade para a cal traballa.

Sede de AFundación na Coruña, obra do arquitecto Nicholas Grimshaw.

Outras sedes e entidades xestionadas pola Fundación

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]