Fuerza Nueva
Fuerza Nueva (FN) | |
---|---|
Partido político de España | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Blas Piñar |
Historia | |
Fundación | A revista en maio de 1966. Configurada como partido político en 1976. |
Disolución | novembro de 1982 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo español Franquismo Nacionalcatolicismo |
Posición política | Extrema dereita |
Publicación | Fuerza Nueva |
Na rede | |
Fuerza Nueva (FN, en galego: Forza Nova) foi un partido español de extrema dereita que se consideraba continuador da obra do franquismo. Dirixido por Blas Piñar fundouse en 1966 arredor do proxecto da revista e editorial Fuerza Nueva que en 1974 sufriu incautacións gobernativas. Constituído como partido en 1976 defendía a democracia orgánica e a monarquía tradicional e católica e opúñase á monarquía parlamentaria e á democracia de partidos.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Nas eleccións lexislativas de 1977 participou na coalición Alianza Nacional del 18 de Julio xunto a falanxistas e carlistas. Nas eleccións de 1979 a coalición denomínase Unión Nacional que consegue un deputado no Congreso que ocupou Blas Piñar. O golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 e o fracaso das eleccións de 1982 fixeron que a FN acabara disolvéndose.
As súas mocidades denomináronse Fuerza Joven e foi entre os militantes desta organización onde o descontento cara ao que consideraban inmobilismo da dirección e un mirar excesivo cara ao pasado se onde xurdiron os movementos que se converteron en antecedente dos movementos nacionalradicais en España, Frente Nacional de la Juventud e Frente de la Juventud.
Simboloxía
[editar | editar a fonte]- Distintivo: un escudo co xugo e as frechas, tomados dos símbolos dos Reis Católicos e a Cruz de Borgoña.
- Uniforme: a imitación do partido único durante a época franquista (Falange Española Tradicionalista y de las JONS), Fuerza Nueva utilizou a camisa azul mahón falanxista e a boina vermella do Carlismo.
- Bandeira: cadrada (de proporcións 1:1), dividida diagonalmente desde a parte inferior á hasta cara a parte superior ao batente, vermella a parte superior e azul a parte inferior. Casualmente, é case idéntica á bandeira da illa de Lanzarote.
- Himnos: «Cara al Sol» e «Marcha de Oriamendi». Ademais, Fuerza Nueva compuxo o seu propio himno.