Fredrik Eklund
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1977 (47 anos) Kista, Suecia (en) |
Residencia | Edina (pt) Nova York |
Educación | Escola Superior de Economia de Estocolmo (pt) Edina High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Imobiliária (pt) , industria musical, tecnoloxías da información, actuación cinematográfica e cinema pornográfico |
Lugar de traballo | Nova York |
Ocupación | actor pornográfico, actor de cinema, axente inmobiliario, celebridade, novelista, actor, emprendedor, modelo |
Período de actividade | 2002 - |
Pseudónimo literario | Tag Eriksson |
Familia | |
Pai | Klas Eklund |
Irmáns | Sigge Eklund |
Parentes | Bengt Eklund, avó |
Sitio web | fredrikeklund.com |
|
Fredrik Eklund, nado o 26 de abril de 1977 en Estocolmo, é un axente inmobiliario, empresario, actor pornográfico, escritor e personalidade da televisión sueco establecido en Nova York.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do economista Kas Eklund e irmán do escritor Sigge Eklund, estudou na Escola de Economía de Estocolmo, traballou algún tempo no xornal financeiro Finanstidningen e en 1999 fundou a empresa Humany, dedicada ao desenvolvemento de software.
Eklund trasladouse a Nova York en 2002 e participou en filmes pornográficos gais baixo pseudónimo Tag Eriksson[1]. En 2003 protagonizou The Hole, unha parodia cómica porno do filme The Ring co que logrou o premio GayVN [2] á mellor escena en solitario'[3] En 2005, publicou o libro autobiográfico Bananflugornas herre sobre esa época.[2]
Axente inmobiliario
[editar | editar a fonte]Eklund entrou a formar parte da firma inmobiliaria J C DeNiro, onde no primeiro ano ao vender inmobles por valor de 50 millóns de dólares recibiu o nomeamento de vendedor revelación do ano polo Real Estate Board of New York.[2] Foi director de operacións de Core Group Marketing e de Prudential Douglas Elliman, a maior empresa inmobiliaria da costa leste dos Estados Unidos. En febreiro de 2008, vendeu un apartamento para Cameron Diaz, en agosto de 2009 a John Legend e en xullo de 2010 a Daniel Craig.[4] En 2009 fundou Eklund Stockholm New York, con oficinas en Estocolmo[5].
Telerrealidade
[editar | editar a fonte]Desde 2010 apareceu como un dos protagonista do programa de telerrealidade Million Dollar Listing New York da canle Bravo,[1]
Libros
[editar | editar a fonte]- Bananflugornas herre (2005). Estocolmo: Debutantförlaget.
- The Sell: The Secrets of Selling Anything to Anyone (2015)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Widdicombe, Ben (14 de novembro de 2010). "From Pornography to Real Estate Mogul". New York Times.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Fokus, Fredrik Eklund: "Porrkarriären en fördel" Arquivado 11 de setembro de 2016 en Wayback Machine., Fokus, novembro de 2007
- ↑ "Interview: Fredrik Eklund, Out, 27 de febreiro de 2013
- ↑ "Jag är besatt av New York", Aftonbladet, 19 de outubro de 2010
- ↑ http://www.esny.se
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Conta oficial de Facebook
- Conta oficial de Twitter
- Web oficial de Million Dollar Listing New York (en inglés)