František Chochola
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1943 Kolín, República Checa (pt) |
Morte | 6 de xullo de 2022 (79 anos) Hamburgo, Alemaña |
Actividade | |
Lugar de traballo | Praga Hamburgo |
Ocupación | escultor, ilustrador, restaurador |
František Chochola, nado en Kolín, Bohemia Central, o 15 de abril de 1943, e finado en Hamburgo o 6 de xullo de 2022,[1] é un escultor, medallista, ilustrador e deseñador de medallas de orixe checa e naturalizado alemán.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chochola completou os seus estudos superiores de Escultura na Academia de Belas Artes e Escola de Artesanía de Bechyně entre 1959 e 1963.[3]
Despois do servizo militar traballou primeiro como operario nunha factoría e despois como escenógrafo nun teatro, antes de atopar un emprego como restaurador no Museo de Kolín. A partir de 1968 comezou a traballar por conta propia como escultor, medallista e ilustrador de libros en Praga e en Kolín. Tras o final da Primavera de Praga, emigrou a Hamburgo en 1971.[3]
Chochola acadou a nacionalidade alemá en 1992.[2][3]
En Alemaña, en 1999 deseñou a súa primeira moeda por encarga do Bundesbank, e pouco despois gañou o concurso, xunto con Ettore Lorenzo Frapiccini, para o deseño de todas as moedas da serie circulante do euro da República de San Marino, que se puxeron en circulación en 2002. A partir dese ano encargouse tamén do deseño dun bo número de moedas conmemorativas en euros emitidas por Alemaña.[4][5]
En 2002 foi galardoado co premio de gravado Johan Veit Döll, outorgado conxuntamente pola cidade de Suhl e a Sociedade Alemá da Medalla de Arte.[3]
František Chochola finou en Hamburgo o 6 de xullo de 2002 aos 79 anos, e foi soterrado no cemiterio Ohlsdorf.
Escolma de traballos
[editar | editar a fonte]Moedas
[editar | editar a fonte]-
2 euros (2017). Estado de Remnania-Palatinado.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Chochola, František Arquivado 07 de outubro de 2022 en Wayback Machine.". Deutsche Biographie.
- ↑ 2,0 2,1 "Heimische Vögel: Der Schwarzspecht. Kurzbiografie des Motivkünstlers: František Chochola Arquivado 07 de outubro de 2022 en Wayback Machine.". Muenze-deutschland.de
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Frantisek Chochola". Deutsche Gesellschaft für Medaillenkunst.
- ↑ Moedas deseñadas por František Chochola. Numista.com
- ↑ Hasse, E. S. (2022).
- ↑ "10 Deutsche Mark J.W. von Goethe". Numista.com
- ↑ "2 Euro Bundesländer - "Rheinland-Pfalz"". Numista.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: František Chochola |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hasse, E. S. (2022). "Trauer um František Chochola. Seine Werke stecken in fast jedem Portemonnaie". En Hamburger Abendblatt. 12 de agosto de 2022.
- Nägele, H. (1980). "Frantisek Chochola ein tschechischer Illustrator in Deutschland". En Illustration 63. Nº 1/1980. ISSN 0019-2457. Páxinas 22-26.