Francisco Zagala
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1842 Verín, España |
Morte | 1908 (65/66 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo |
Francisco Zagala Pérez, nado en Verín en 1842 e finado en 1908, foi un fotógrafo madrileño que pasou toda a súa carreira en Galicia.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Adquiriu a súa formación fotográfica en Madrid, pero arredor de 1880 estableceuse nun estudio fotográfico en Pontevedra. Foi un dos primeiros fotógrafos españois, que substituíron os estranxeiros establecidos a mediados do século XIX.[2]
A súa actividade fotográfica coñecida ocorre en Galicia, máis concretamente en Pontevedra, onde tiña o estudio para facer retratos. Con todo, dedicouse tamén a facer fotografía ao aire libre e reproducións de arte, sendo o fotógrafo oficial da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra[3]. Grazas á doazón de fondos para o Museo Provincial de Pontevedra pode ter moitas imaxes etnográficas da vida en Pontevedra entre os séculos XIX e XX atopadas no arquivo chamado Zagala.
En 1884 pasou a traballar coa revista La Ilustración Española y Americana para fornecer fotografías de Pontevedra.[2] Cando Pedro Ferrer en 1904 publicou a colección de fotografías titulada Portfolio de Galicia, coa colaboración de moitos fotógrafos tamén foi responsábel de achegar as imaxes de Pontevedra.[4]
O seu traballo foi exposto varias veces para amosar o seu valor documental, quizais o máis importante foi a presentación do Museo de Pontevedra, na súa honra en 1994[5], pero tamén mostras colectivas como a realizada en Vigo en 2010[6]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Retrato de Valentín Paz-Andrade, c. 1899.
-
Retrato de Enrique Campo, 1908.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sougez, M.L.; Pérez Gallardo, H (2003). Diccionario de historia de la fotografía. Madrid. Ediciones Cátedra isbn=84-376-2038-4.
- ↑ 2,0 2,1 López Mondéjar, P. (1999). Historia de la fotografía en España. Barcelona. Lunwerg editores. ISBN 84-7782-660-9.
- ↑ Museo de Pontevedra, ed. (2004-2008). "Archivo gráfico. Fondos". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2010. Consultado o 26 de agosto de 2010.
- ↑ Fontanella, L. (1981). La historia de la Fotografía en España desde sus orígenes hasta 1900. Madrid. Ediciones El Viso. ISBN 84-86022-00-2.
- ↑ Echave Durán, M.C. y Suárez Canal, X.L. (1994). F. Zagala, fotógrafo (1842-1908). Deputación Provincial de Pontevedra. Servicio de Publicaciones. ISBN 978-84-88363-28-2.
- ↑ Ágatha de Santos (29 de marzo de 2010). "Fotografía histórica gallega. Una muestra en Vigo reúne retratos de estudios realizados entre 1880 y 1960". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 27 de agosto de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Zagala |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pérez Valle, X. C. (dir. e coord.): F. Zagala. Fotógrafo. Pontevedra: Museo de Pontevedra, 1994.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Museo de Pontevedra Arquivado 22 de xullo de 2011 en Wayback Machine.