Francesco Morone
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1471 Verona, Italia |
Morte | 26 de maio de 1529 (57/58 anos) Verona, Italia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Verona |
Ocupación | pintor |
Movemento | Veronese school (en) |
Influencias | |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) |
Francesco Morone, nado en Verona cara a 1471 e finado o 16 de maio de 1529, foi un pintor italiano do Renacemento.
Biografía
[editar | editar a fonte]Fillo e alumno de Domenico Morone, inspirouse na obra deste, pero foi nidiamente influenciado pola arte de Giovanni Bellini, Antonello da Messina e Andrea Mantegna, como é evidente na Crucifixión (asinada e datada en 1498), conservada na igrexa de San Bernardino de Verona. Nos anos de transición do século XVI o seu estilo fíxose máis mórbido, aproximándose ao leonardesco de Francesco Bonsignori, como nas dúas versións da Madonna con Neno da Pinacoteca de Brera e da National Gallery de Londres, no Sansón e Dalila do Museo Poldi Pezzoli ou nos frescos de Santa Clara en Verona).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Francesco Morone |