Foz (xeografía)
Aparencia
Unha foz é un accidente xeográfico natural. É un esteiro pechado case en forma de ría onde se atopan as augas fluviais e marítimas.
As máis mencionadas na literatura galega son a do río Miño entre A Guarda e Caminha, a de Mugardos, a que lle dá nome á vila e ó concello de Foz ou a do río Támese.
Tamén significa paso estreito entre montañas, val estreito.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Foz.