Saltar ao contido

Forza Aérea de Turquía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Forza Aérea de Turquía
Türk Hava Kuvvetleri
Activa23 de abril de 1920
PaísTurquía Turquía
Tipoforza aérea
Papelguerra aérea
Insignias
Insignia
Insignia
Insignia

A Forza Aérea de Turquía (turco: Türk Hava Kuvvetleri) é a rama de guerra aérea das Forzas Armadas de Turquía. As orixes da Forza Aérea turca remóntanse a xuño de 1911 cando foi fundada polo Imperio Otomán,[1] porén, tal e como son coñecidas no presente non chegaron a existir ata o ano 1923 coa creación da República de Turquía.[2] É a terceira forza aérea máis grande da OTAN.[15]

En 1998 as Forzas Armadas de Turquía anunciaron un programa de modernización cun custo de 160 000 millóns de dólares nun período de 20 anos en varios proxectos.[3] 45 000 millóns estaban destinados para a revisión da Forza Aérea, e inclúe a compra de novos avións de combate (os TAI TFX e Lockheed Martin F-35 Lightning II) e helicópteros (de cargas pesadas e medias, ataque, e propósito xeral lixeiros).

Segundo Flight International (Flightglobal.com) e o Instituto Internacional de Estudos Estratéxicos, en 2020 a Forza Aérea turca tiña unha forza activa de 50 000 militares e opera uns 1 250 aeronaves tripuladas.

O primeiro piloto nego do mundo, Ahmet Ali Çelikten, e a primeira muller piloto de caza, Sabiha Gökçen, serviron na Forza Aérea turca.[4][5][6]

  1. "Founding - Turkish Air Force". web.archive.org. 2011-10-07. Archived from the original on 07 de outubro de 2011. Consultado o 2022-05-20. 
  2. "The Turkish Air Force". Scramble. 2010-10-01. Archived from the original on 13 de decembro de 2007. Consultado o 2022-05-20. 
  3. Economist Intelligence Unit:Turkey, p.22 (2005)
  4. Clavin, Tom (2019). All Blood Runs Red. [Place of publication not identified]: Hanover Square Press. ISBN 978-1-4880-3603-3. OCLC 1125353130. 
  5. Scott, Alev (2018). Ottoman odyssey : travels through a lost Empire. London. ISBN 978-1-78429-369-7. OCLC 1060194587. 
  6. "First female combat pilot". Guinness World Records (en inglés). Consultado o 2022-05-22.