Saltar ao contido

Folga xeral de 1917

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folga xeral de 1917

Tipofolga xeral revolucionaria Editar o valor en Wikidata
Parte decrise española de 1917 Editar o valor en Wikidata
Data
Período
13 de agosto de 1917 Editar o valor en Wikidata 
╴18 de agosto de 1917 Editar o valor en Wikidata
No implicados
No feridos156 Editar o valor en Wikidata
No mortes71 Editar o valor en Wikidata
Na rede
BNE: XX5208532
Wikidata ]

A folga xeral de 1917 foi unha folga convocada en toda España en agosto de 1917, provocada pola crise política daquel ano que coincidiu coa grave situación económica provocada pola primeira guerra mundial, que enriquecera os empresarios exportadores pero á vez provocara unha forte inflación que prexudicou ás clases medias e baixas.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Foi convocada pola CNT, a UXT e o PSOE, precipitándose por unha folga de ferroviarios en Valencia no mes de xullo. O día 13 de agosto foi declarada a folga xeral revolucionaria pola UXT e a CNT, co apoio do PSOE e dos partidos republicanos, esixindo a constitución dun goberno provisional, que preparase eleccións constituíntes e emprendese unha reforma da constitución.

Ó preparar a folga había a esperanza de que o exército se decantase polo bando dos folguistas, seguindo o exemplo do que pasara cinco meses antes en San Petersburgo ó iniciarse a revolución rusa. Pero o exército reprimiu con dureza as manifestacións, producíndose nos cinco días que durou a folga un total de 43 mortos e 64 feridos. En Cataluña a represión sobre o movemento obreiro comezou co encarceramento do comité de folga (entre outros, Francisco Miranda, Ángel Pestaña e Salvador Seguí) para se estender sobre moitos outros dirixentes sindicais.