Ferdinand Marcos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Ferdinand Emmanuel Edralín Marcos, nado en Sarrat o 11 de setembro de 1917 e finado en Honolulu o 28 de setembro de 1989, foi un militar e político filipino, que foi o xefe de estado de Filipinas entre 1965 e 1986. Ata 1972 gobernou como presidente de Filipinas, e despois como ditador.
Goberno
[editar | editar a fonte]En 1965, Marcos, que alcanzara un gran prestixio no Partido Liberal fundado por Manuel Roxas, conseguiu ser nomeado candidato á presidencia e enfrontouse ao representante do partido nacionalista, Diosdado Macapagal. Elixido presidente, durante o seu primeiro mandato logrou algunhas melloras na agricultura, industria e na educación. Anticomunista ríxido, enviou tropas a combater en apoio ao Vietnam do Sur.
No principio gobernou democraticamente, pero gradualmente tornouse máis autoritario, ata instaurar unha forte ditadura en 1972, a cal propiciou a aparición no país dunha guerrilla comunista e outra musulmá, contrarias á súa política. Reelixido presidente en 1969, ao longo do seu segundo mandato tivo que facer fronte ao recrudecemento da guerrilla urbana e ás revoltas estudantís.
En 1972 impuxo a lei marcial, grazas á cal puido deter sen maiores trámites aos seus adversarios políticos, entre os cales atopábase Benigno Aquino. En 1973 promulgou unha nova Constitución na que pasaba a exercer tanto as funcións de xefe de Estado como as de primeiro ministro.
En 1980 invitou ao xeneral chileno Augusto Pinochet a Filipinas, pero tivo que cancelar a reunión por protestas en contra da visita do ditador chileno, cando Pinochet xa ía en voo ao país. Despois deste regresar ao Chile, rompéronse as relacións diplomáticas entre as dúas ditaduras.
Nove anos logo de proclamar a lei marcial, Marcos suprimiuna e procedeu a unha reforma constitucional. Ese mesmo ano foi reelixido presidente por seis anos máis tras unhas eleccións boicoteadas pola oposición. Dita oposición foise endurecendo, sobre todo despois do asasinato do seu líder, Benigno Aquino. En 1986, a viúva de Benigno Aquino, Cory Aquino, venceu nas eleccións presidenciais a Marcos, quen pretendeu seguir no cargo pese á súa derrota. Pero as protestas populares e internacionais obrigárono a exiliarse a Hawai. Os seus últimos anos no poder caracterizáronse pola corrupción, o estancamento económico, as grandes desigualdades entre pobres e ricos, e o aumento da guerrilla comunista nas zonas rurais do país.
Presidentes de Filipinas | ||
---|---|---|
Segue a: Diosdado Macapagal |
Ferdinand Marcos | Precede a: Corazón Aquino |
Partido Kilusang Bagong Lipunan |