Femés
Aparencia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | |||
Provincia | Las Palmas | |||
Concello | Yaiza | |||
Poboación | ||||
Poboación | 219 (2023) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 450 m | |||
Femés é unha vila do concello de Yaiza, na illa de Lanzarote (Provincia das Palmas, Canarias). En 2013 tiña unha poboación de 218 habitantes.[1]
En Femés atópase a igrexa de San Marcial de Rubicón erixida na honra de quen foi o patrón de todas as illas ata o ano 1819, e que substituíu a antiga ermida-catedral das illas, inicialmente localizada na costa do Rubicón e que foi destruída polos corsarios ingleses en 1593.[2]
A vila serve de escenario principal da novela Mararía, do escritor canario Rafael Arozarena.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Nacional de Estadística (ed.). "Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional" (en castelán). Consultado o 13 de xullo de 2014.
- ↑ Concello de Yaiza (ed.). "Lugares de interés" (en castelán). Consultado o 13 de xullo de 2014.