Facultade de Formación do Profesorado de Lugo
Facultade de Formación do Profesorado de Lugo | |
---|---|
Vista do edificio | |
Universidade: | Universidade de Santiago de Compostela |
Localización: | Lugo |
Campus: | |
Enderezo: | |
Ano de fundación: | |
Decano: | |
Docentes: | |
Estudantes: | |
Teléfono: | |
Correo electrónico: | |
Páxina web: | Web oficial |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A Facultade de Formación do Profesorado é un centro da Universidade de Santiago de Compostela, sita no Campus de Lugo. Nela impártese a titulación oficial de Mestre con catro especialidades: Educación Primaria, Educación Infantil, Educación Física e Lingua Estranxeira, que coa adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior pasarían a ser só os graos en mestrado en Educación Infantil e en Educación Primaria. Tamén se imparte o mestrado en Profesorado e é sede do 4º ciclo. Para o curso 2011/12 está prevista a implantación do mestrado en Dirección de Actividades Educativas na Natureza. O actual edificio da Facultade, inaugurado en 1956, está situado na Avenida de Ramón Ferreiro, esquina coa rúa Pintor Corredoira. No mesmo inmoble está o CEIP Anexa.
Nas Liñas Xerais da Programación Plurianual aprobadas polo Claustro da Universidade de Santiago de Compostela, está prevista a conversión da Escola en Facultade de Profesorado.
Orixe
[editar | editar a fonte]Remóntase ao ano 1842, data en que foi inaugurada a Escola Normal de Lugo. É, polo tanto, o centro universitario máis antigo do Campus de Lugo. En 1849 o centro quedou instalado no edificio do convento de San Domingos e permaneceu como Escola Normal ata que pola Lei Xeral de Educación de 1970, se transformou en Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB e fóronlle adxudicadas no plano de estudos de 1971 as seguintes especialidades: Filolóxica, Físico-Matemáticas e Humanas, e dez anos máis tarde a especialidade de Preescolar. Este plano, con lixeiras variantes manteríase ata 1993, no que se empezan a implantar as actuais titulacións, conforme o R.D. 1440/1991 do 30 de agosto. Os planos de estudos actualmente en vigor son do ano 2000, pero están en proceso de extinción, ao seren substituídos polos novos graos.