Exarcado apostólico católico bielorruso de Belarús
Localización | |||
---|---|---|---|
O exarcado apostólico de Belarús foi un exarcado apostólico da Igrexa Católica Belarusa estabelecido en 1940, baixo xurisdición do arcebispo de Lviv dos ucraínos.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1907 o Metropolita de Lviv Andrei Sheptytskyi obtivera do papa Pío X permiso para organizar a estrutura e a xerarquía da Igrexa Grecocatólica nos territorios de Rusia.[1] Este privilexio lle sería confirmado polos seus sucesores Bieito XV e Pío XI.[2]
En base a este privilexio, en setembro de 1939, logo da invasión de Belarús Occidental (entón parte de Polonia) pola Unión Soviética, e pola extensión da influencia ortodoxa nas áreas baixo dominio soviético, o sínodo grecocatólico ucraíno decidiu nomear 3 exarcas encargados de crear a estrutura eclesiástica na URSS, que se sumarían a Klymentii Sheptytskyi: Yosyf Slipyi (Ucraína), Anton Niemancevič (Belarús) e Mykolai Charnetskyi (Volinia, Polesia e Podlasia).[1][3] Inicialmente, de xeito temporal, o exarcado de Belarús foi confiado a Charnetskyi, até que Niemancevič foi nomeado exarca o 17 de setembro de 1940.[4]
O exarcado apostólico, porén, deixou na práctica de existir cando o seu exarca Anton Niemancevič foi arrestado pola Gestapo o 4 de xullo de 1942. Aínda que de curta duración, a importancia desta xurisdición reside en que foi a primeira vez, dende a abolición forzosa da Unión de Brest en 1839,[5] na que os fieis grecocatólicos belarusos recibiron unha circunscrición eclesiástica propia, independente da dos bispos latinos.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Christopher Lawrence Zugger (2001). The Forgotten: Catholics of the Soviet Empire from Lenin Through Stalin (en inglés). Syracuse University Press. p. 296. ISBN 9780815606796.
- ↑ Ukrainian Congress Committee of America (1985). The Ukrainian Quarterly 41. Ukrainian Congress Committee of America. p. 62. (en inglés).
- ↑ Klym Dmytruk (1981). Swastika on Soutanes. Politvydav Ukrainy. p. 26.
- ↑ Bociurkiw, Bohdan R. (1996). The Ukrainian Greek Catholic Church and the Soviet State (1939-1950). Canadian Institute of Ukrainian Studies Press. p. 46. ISBN 9781895571127.
- ↑ Silitski, Vitali; Zaprudnik, Jan (2010). Scarecrow Press, ed. The A to Z of Belarus. p. 74. ISBN 9781461731740.
- ↑ Nadsan, Aliaksandr (1999). "The Belarusian Greek Catholic (Uniate) Church: A Short History".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Аввакумов, Юрій; Гайова, Оксана, eds. (2004). Митрополит Андрей Шептицький і греко-католики в Росії. Документи і матеріали, 1899-1917. Lviv: Видавництво УКУ.