Euxenita
Euxenita | |
---|---|
![]() | |
Fórmula química | Y,Ca,Ce,U,Th)(Nb,Ta,Ti)2O6 |
Clase | 4.DG.05 (Óxido) |
Sistema cristalino | Ortorrómbico |
Cor | Negra, marrón, verde oliva |
Brillo | Graxo, aceitoso |
Dureza | 6,5 (escala de Mohs) |
Fractura | Concoidea, sub-concoide |
Exfoliación | Ningunha |
Raia | Marrón arroibada |
Densidade | 5,3 a 5,9 g/cm3 |
A euxenita[1] ou euxenita-(Y)[2] —o seu correcto nome mineralóxico— é a forma mineral dun óxido múltiple de fórmula química (Y,Ca,Ce,U,Th)(Nb,Ta,Ti)2O6. O seu nome provén do grego εὔξενος ("hospitalario"), en alusión ao gran número de elementos raros que contén.
Propiedades
[editar | editar a fonte]De cor variable, que vai da negro á verde oliva, a euxenita é un mineral de brillo graxo ou aceitoso que cristaliza no sistema ortorrómbico. Ten dureza 6,5 na escala de Mohs, comparable á da pirita.
Na súa composición son elementos esenciais, ademais do osíxeno, o itrio e o niobio; o contido deste último é do 33,16 %. A euxenita tamén inclúe elementos como calcio, tántalo, cerio e titanio, sendo a súa fórmula empírica Y0.7Ca0.2Ce0.12(Ta0.2)2(Nb0.7)2(Ti0.1)O6. En menor medida pode conter uranio e torio, sendo un mineral altamente radioactivo.
É soluble en ácido fluorhídrico e ácido sulfúrico e disólvese facilmente en hidróxido potásico. Cando se quenta non funde, pero crepita e brilla.
Morfoloxía e formación
[editar | editar a fonte]A euxenita pode presentar morfoloxía granular ou masiva; neste último caso, os cristais, uniformemente indistinguibles, forman grandes masas. Pode sufrir o proceso de metamictización, coa que se destruiría a estrutura cristalina como consecuencia do dano producido por radiación. Atópase en pegmatitas graníticas e en areas negras detríticas.
Depósitos
[editar | editar a fonte]Os depósitos son escasos, localizándose o tipo nomenclatural en Jølster (Sogn og Fjordane, Noruega). Neste mesmo país existen depósitos en Kragerø (Telemark), na illa de Hidra (Vest-Agder) e en Evje og Horness e Iveland (Aust-Agder). Fóra de Europa caben destacar os depósitos que hai en Madagascar —en Ankazobe (Atananarivo)— así como nos Estados Unidos —en Arizona, Colorado, Idaho e Wyoming—.
Outros óxidos
[editar | editar a fonte]Outros óxidos importantes son a casiterita e a magnetita.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ↑ "euxenita". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018.
- ↑ "euxenita-(Y)". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018.