Euskadi Irratia
Euskadi Irratia | |
---|---|
Área de radiodifusión | País Vasco |
Primeira emisión | 23 de novembro de 1982 |
Na rede | |
http://www.eitb.com/irratia/euskadi-irratia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Euskadi Irratia (en galego: Radio Euskadi) é unha emisora de radio pertencente ao Grupo Euskal Irrati Telebista (EITB), o ente público de comunicación que depende do Goberno Vasco. A súa programación realízase integramente en éuscaro e os seus estudos localízanse na cidade de Donostia.
Historia
[editar | editar a fonte]O nacemento e historia de Euskadi Irratia está intimamente relacionado coa historia de Radio Euskadi, a súa emisora análoga en lingua castelá.
Nacemento no País Vasco francés
[editar | editar a fonte]O 21 de decembro de 1946 saía ao aire desde Mouguerre, no País Vasco francés, Radio Euskadi, la Voz de la Resistencia Vasca que fora organizada e dependía do Goberno Vasco no exilio. As oficinas atopábanse en Saint-Jean-de-Luz e a súa programación, en onda curta, estaba dedicada á loita contra a ditadura de Franco polo que se facía fincapé nas datas especiais, como a do Aberri Eguna. Tamén se adoitaba utilizar para interferir as emisoras do réxime no País Vasco.
As presións do goberno español sobre o francés levaron ao peche das instalacións en agosto de 1954. Esta primeira etapa de Radio Euskadi estivo impulsada por Joseba Rezola.
Dende Venezuela
[editar | editar a fonte]O 10 de xullo de 1965 comezan as emisións desde Venezuela. Emitíase desde os estudos El Paraíso en Caracas aínda que o emisor estaba en plena selva. Esta localización gardouse en segredo ata 1971, descuberta por ETA que tentou utilizar a emisora para os seus fins. A emisora de Venezuela pechouse o 30 de abril de 1977.
Actual etapa
[editar | editar a fonte]A actual Euskadi Irratia é froito do Estatuto de Gernika, sendo lanzada de maneira oficial o 23 de novembro de 1982. Foi a primeira canle que puxo en marcha o grupo de comunicación vasco e converteuse na primeira radio pública autonómica do Estado. Posteriormente, sumáronse ao grupo, Euskal Telebista (cadea de televisión), Radio Euskadi (cadea xeneralista en castelán) e Radio Vitoria (que emite en castelán e diríxese especialmente ao público arabés).