Saltar ao contido

Eurostopodus argus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eurostopodus argus é unha especie de ave da orde dos caprimulxiformes, familia dos caprimúlxidos, subfamilia dos eurostopodinos, unha das cinco integradas no xénero Eurostopodus.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1892 polo zoólogo alemán especializado en ornitoloxía Ernst Hartert.[2][3]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]

  • Eurostopus argus Hartert, 1892
  • Eurostopodus guttatus gilberti Deignan, 1950
  • Eurostopodus argus harterti Mathews, 1912
  • Caprimulgus argus Rosenberg, 1867

Características

[editar | editar a fonte]

Eurostopodus argus é un dos caprimúlxidos máis grandes e coloridos, con patróns intricados con abundancia de manchas e pencas, permítenlle a esta especie mimetizarse perfectamente en solos avermellados, con vexetación, ou marróns cando se encontran en lugares rochosos parcialmente cubertos de follas, ramas e paus.[4]

Na ave adulta en voo é posíbel observar grandes manchas brancas en catro das plumas primarias exteriores.[4]

Miden entre 25 a 28 cm de longo.[4] Os machos pesan entre 81 e 132 g, mentres que as femias son algo máis pequenas e pesan de 74 a 123 g. A envergadura alar é de 20,5 a 23,9 cm, medindo a cola uns 15 cm de longo, e o pico entre 1,5 e 2,5 cm.[5] O pico é de cor de parda clara a anegrada, ocasionalmente máis claro cerca da comisura da mandíbula inferior. O iris é marrón; e as patas tamén son marróns coas garras máis escuras.[6]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Eurostopodus argus encóntrase en gran parte de Australia, salvo na costa leste, e pasa o inverno nas illas menores da Sonda e as illas Aru (Indonesia).

Os seus hábitats naturais son os bosques abertos, zonas de arbustos e matogueiras, sabana e mangleirais.[5]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais Eurostopodus argus ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da área de distribución, e a tendencia da súa poboación parece ser estábel e, polo tanto, a especie non se acerca aos limiares de vulnerábel de acordo co criterio de tendencia da poboación e, aínda que se cuantificou o tamaño da poboación, non se cre que se acerque aos limiares de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da poboación. Por estas razóns, o status da especie se avalíase como de LC (pouco preocupante).[1]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Eurostopodus argus na Lista vermella da UICN. Consultada o 17 de xaneiro de 2023.
  2. Eurostopodus argus Hartert, 1892 no GBIF. Consultado o 17 de xaneiro de 2023.
  3. 3,0 3,1 Eurostopodus argus Hartert, 1892 na BioLib. Consultada o 17 de xaneiro de 2023.
  4. 4,0 4,1 4,2 Morcombe, M. (2003): Field guide to Australian birds. Archerfield, Queensland. Steve Parish Publishing Pty Ltd. ISBN 1-7402-1564-8.
  5. 5,0 5,1 Cleere, N. (2010): Nightjars: A Guide to Nightjars and related birds. A&C Black. ISBN 1-8734-0348-8.
  6. Schodde, R., & Mason, I. J. (1980):3 Nocturnal birds of Australia. Melbourne: Lansdowne Editions. ISBN 978-0-7018-1040-5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cleere, Nigel & Nurney, David (1998): Nightjars: A Guide to the Nightjars, Frogmouths, Potoos, Oilbird and Owlet-nightjars of the World. Londres: Christopher Helm. ISBN 1-8734-0348-8.
  • Sibley, C. G., Ahlquist, J. E. & Monroe, B. L., Jr (1988): "A classification of living birds of the world based on DNA-DNA hybridization studies". Auk 105: 409-423. (Texto completo).

Outros artigos

[editar | editar a fonte]