Estixia (lúa)
Imaxe do descubrimento de Estixia tomada polo Hubble, podemos ve-la lúa dentro dun círculo (P5), e o resto de lúas coas súas órbitas marcadas (excepto Caronte). Na imaxe, tanto a Plutón coma Caronte, foille reducido moito o seu brillo, para así poder aprecia-lo resto das lúas do sistema. | |
---|---|
Descubrimento | |
Descuberto por | Showalter, M. R. e o seu equipo |
Descuberto o | 26-06-2012 (verificado o 07-07-2012) |
Características orbitais[1] | |
Raio orbital medio | 42000 km ±2000 km |
Excentricidade | ≈ 0º |
Período orbital | 20,2 ± 0,1 días |
Inclinación orbital | ≈ 0º |
Satélite de | Plutón |
Características físicas | |
Raio medio | 5–12,5 km[1] |
Magnitude aparente | 27 ± 0,3[1][2] |
Estixia (do grego Στύξ Stýx) tamén coñecida coma S/2012 (134340) ou P5[3] é unha pequena lúa de Plutón, que foi descuberta o 26 de xuño do 2012. É o quinto satélite de Plutón confirmado, case xusto un ano despois do descubrimento de Cérbero, que foi a cuarta lúa descuberta no sistema de Plutón. Estimase que a lúa ten un diámetro de entre 10 a 25 km, e un período orbital de 20,2 ± 0,1 días.
Descubrimento
[editar | editar a fonte]O satélite foi descuberto a través dun conxunto de nove imaxes recollidas entre 26 de xuño e 9 de xullo do 2012 coa cámara Wide Field Camera 3 do Telescopio Espacial Hubble.[4] O descubrimento foi anunciado o 11 de xullo de 2012. A nova lúa só é a metade de brillante có anterior obxecto descuberto no sistema de Plutón, Cérbero (lúa), e é preto 100.000 veces menos brillante có propio Plutón.[5] É designado coma S/2012 (134340) 1,[6] e informalmente coñecido como P5.[5][7][8]
O traballo de investigación que levou ó descubrimento da lúa eran traballos de preparación para a misión da sonda espacial New Horizons, actualmente en ruta cara ó sistema de Plutón cun sobrevoo programado para 14 de xullo de 2015. O descubrimento doutra pequena lúa de Plutón aumentou a preocupación de que esa rexión do espazo poida albergar máis corpos, pequenos de máis para seren detectados, levantando temores de que a sonda poida ser danada por algún corpo descoñecido ou por un anel a medida que esta atravese o sistema de Plutón a unha velocidade de máis de 13 km/s.[1][9] As lúas pequenas, como a lúa de Saturno, Pallene, tenden a estar asociadas con aneis tenues ou arcos, porque a súa gravidade é incapaz de rete-lo material expulsado polos impactos dos meteoros; ese material escangallado é o perigo principal para a navegación.[10] Os plans actuais para a New Horizons son pasar xusto por dentro da órbita da lúa máis interior, Caronte, pero isto podería cambiar se novas observacións ou modelos suxiren algún tipo de ameaza.[11]
Propiedades físicas
[editar | editar a fonte]Estímase que a lúa ten un diámetro entre 10 e 25 km.[12][13] Estes números son inferidos a partir da magnitude aparente da lúa e usando unha estimación de albedo de 0,35 e 0,04 para os límites inferior e superior, respectivamente.[1] Por mor do seu pequeno tamaño, a lúa é probablemente de forma irregular.[12] Pensase que se formou a partir dos restos espallados tras unha colisión (véxase máis abaixo), o que conduciu a perda da meirande parte dos xeos volátiles, tales coma os do nitróxeno ou do metano, na composición dos obxectos que colisionaron. Este proceso debería ter creado un obxecto composto principalmente de xeo de auga.[14]
Propiedades orbitais
[editar | editar a fonte]P5 orbita o baricentro de Plutón-Caronte a unha distancia de aproximadamente 42.000 km,[1] colocándose entre as órbitas de Caronte e Nix. Tódalas órbitas das lúas de Plutón son practicamente circulares e planas, "perfectamente aniñadas ... un pouco coma as bonecas rusas".[15] O seu período orbital foi estimado en 20,2 ± 0,1 días,[1] un valor a case só 5,4% de separación dunha resonancia orbital de 1:3 co período orbital de Caronte-Plutón, que é de 6,387 días. Xunto coas outras lúas, Nix, Cérbero (lúa) e Hydra, forma parte dunha secuencia notable de quasi-resonancias de 1:3:4:5:6.[5]
Orixe
[editar | editar a fonte]O sistema de lúas ó redor de Plutón é inesperadamente complexo e podería se-lo resultado dunha colisión no pasado distante entre Plutón e outro obxecto de tamaño considerable do cinto de Kuiper.[15] As lúas de Plutón poderían se-la fusión dos cascallos xurdidos a partir dun evento destas características, semellante á teoría do Big Splash, esta teoría formula que a creación da lúa terrestre foi a partir dunha gran colisión. As resonancias orbitais podería actuar coma fendas para recolle-los materiais espallados dentro do sistema de Plutón.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Sanders, Ray (11-07-2012). Phys.org, ed. "Hubble Space Telescope detects fifth moon of Pluto". Consultado o 11-07-2012.
- ↑ Sky & Telescope, ed. (11-07-2012). "Pluto's Moons: Five and Counting". Arquivado dende o orixinal o 04-01-2013. Consultado o 27-09-2012.
- ↑ Unión Astronómica Internacional (ed.). "Names for New Pluto Moons Accepted by the IAU After Public Vote". The International Astronomical Union (IAU) is announcing that the names Kerberos and Styx have officially been recognised for the fourth and fifth moons of Pluto.
- ↑ Preece, Rob (11-07-2012). Daily Mail, ed. "A cosmic discovery: Astronomers using NASA's Hubble Space Telescope find fifth moon orbiting Pluto". Consultado o 11-07-2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Matson, J. (11-07-2012). "New Moon for Pluto: Hubble Telescope Spots a 5th Plutonian Satellite". Scientific American web site. Consultado o 12-07-2012.
- ↑ NASA, ed. (11-07-2012). "Hubble Discovers a Fifth Moon Orbiting Pluto". Consultado o 18-07-2012.
- ↑ Chang, Kenneth (13-07-2012). "Pluto jokes resurface after new moon found". Sydney Morning Herald. Consultado o 18-07-2012.
- ↑ Associated Press, ed. (11-07-2012). "New moon spotted orbiting Pluto, scientists say". Guardian. Consultado o 18-07-2012.
- ↑ Wall, Mike (11-07-2012). Christian Science Monitor, ed. "Hubble telescope spots fifth moon orbiting Pluto". Consultado o 11-07-2012.
- ↑ Redd, N. T. (28-11-2011). "Pluto's Moons Could Spell Danger for New Horizons Spacecraft". Space.com. Consultado o 19-07-2012.
- ↑ Lakdawalla, E. (17-07-2012). The Planetary Society, ed. "A fifth moon for Pluto, and a possible hazard for New Horizons". Planetary Society blog. Consultado o 17-07-2012.
- ↑ 12,0 12,1 HubbleSite, ed. (11-07-2012). "Hubble Discovers a Fifth Moon Orbiting Pluto". Consultado o 12-07-2012.
- ↑ BBC News, ed. (11-07-2012). "Hubble discovers new Pluto moon". bbc.co.uk. Consultado o 12-07-2012.
- ↑ Nemiroff, R.; Bonnell, J. (16-07-2012). "Fifth Moon Discovered Orbiting Pluto". Astronomy Picture of the Day. Consultado o 17-07-2012.
- ↑ 15,0 15,1 Maugh, Thomas H. II (11-07-2012). "Astronomers find fifth moon at Pluto". Los Angeles Times. Consultado o 11-07-2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Showalter, Mark. Hubble Press Release: Hubble Discovers a Fifth Moon Orbiting Pluto. 11 July 2012. (en inglés)
- ZME Science New moon discovered around Pluto – the fifth. 11 July 2012. (en inglés)