Estadi Municipal de Reus
Aparencia
Coord.: 41°10′N 1°05′L / 41.16, 1.09
Estadi Municipal de Reus | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 41°10′N 1°05′L / 41.16, 1.09 |
Localización | Recasens i Mercadé, 8, 43206; Reus |
Construción | |
Inauguración | 1977 |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 65 |
Capacidade | 4.700 |
Propietario | Concello de Reus |
Localía | CF Reus Deportiu |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadi Municipal de Reus é un estadio de fútbol da cidade catalá de Reus, na provincia de Tarragona. Foi inaugurado en 1977 e ten capacidade para 4.700 espectadores.
Alberga os partidos do Club de Futbol Reus Deportiu, que antes xogara no Estadio da estrada de Salou (1913-1919), o Camp del Camí d'Aleixar (1919-1927) e o Estadio do Carrer Gaudí (1927-1978). Ten dous campos anexos, un de céspede artificial e outro de céspede natural apto para a práctica do rugby.
Entre 1977 e 1984 chamouse Camp Nou e entre 1984 e 2005, Camp Nou Municipal.[1]