Estación de León
León | |
---|---|
Situación | León |
Liñas | |
Alta velocidade | AVE |
Longa Distancia | Alvia, Intercity, Trenhotel |
Media distancia | Intercity, MD, Rexional, Rexional Exprés |
A estación de León é unha estación de tren de Adif situada na cidade de León. É de carácter terminal e provisional. Substitúe desde o 18 de marzo do 2011 á histórica Estación do Norte, clausurada ao tráfico con motivo das obras que supoñerán o soterramento das vías férreas coincidiento coa chegada da alta velocidade á cidade leonesa.
A estación está situada xunto á prolongación da avenida Ordoño II e a escasos metros da antiga estación. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]Atópase situada a 825 metros de altitude. Nela acaba a Liña de alta velocidade Valladolid-Palencia-León de ancho internacional (punto quilométrico 345,45). Ademais nela conflúen dous trazados de ancho ibérico: a liña de Venta de Baños e Xixón, liña 130 da rede ferroviaria española, e polo outro a liña entre León e A Coruña, liña 800 da rede.[1] Historicamente a estación de León estivo relacionada coa liña Palencia-A Coruña da cal partía un ramal en dirección a Asturias.
A estación
[editar | editar a fonte]O complexo é moderno e funcional, abarca un total de 1273,6 metros cadrados de superficie. A súa configuración como estación terminal fai que teña unha plataforma cabeceira e tres plataformas máis, dúas laterais e unha central que nacen dela. As tres teñen lonxitudes diferentes: 190 metros a situada máis ao oeste, 485 metros a central e 236 metros para a última. Ás devanditas plataformas acceden catro vías e existen outras catro vías máis de manobras. O modelo de estación terminal provocou unha sensible complicación do funcionamento ferroviario da estación respecto da antiga estación pasante, obrigando a manobras de retroceso nos trens pasantes e limitando o espazo de estacionamento de composicións de trens con inicio ou fin en León. Esta complicación vese agravada polo servizo da LAV Valladolid-León, en ancho internacional, que obriga a reservar vías para ambos os anchos, limitando a súa funcionalidade.
O edificio de viaxeiros da estación conta cun amplo vestíbulo, despachos de billetes, zona de embarque, cafetería, aseos, unha pequena zona comercial e diversas dependencias administrativas e de servizo. Deseñada por URBAQ Arquitectos S.l. (Fernando Liébana Díez e Esther Llorente López). No exterior existe un aparcadoiro de pago e paradas de autobuses urbanos.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 22 de xuño de 2016.
Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 22 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Intercity | León | Madrid-Chamartin | ||
Intercity | Vigo-Guixar | Madrid-Chamartin | ||
Intercity | León | Alcázar de San Juan | ||
17 | MD Rexional Exprés |
León Ponferrada |
Valladolid Medina del Campo | |
23 | Rexional Exprés | León | Ponferrada | |
24 | Rexional | Valladolid-Campo Grande | Xixón |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de León |
- Información na web de Adif Arquivado 05 de agosto de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)