Estación Central de Helsinqui
Estación de Helsinqui | |
---|---|
Estación Central de Helsinqui | |
Situación | Helsinqui |
Liñas | |
Media distancia | i |
Intermodalidade | |
Metro | Metro de Helsinqui |
A Estación Central de Helsinqui (en finés: Helsingin päärautatieasema, en sueco: Helsingfors centralstation) é o principal nó de transporte público da cidade de Helsinqui, en Finlandia. Dela parten a maioría de liñas férreas que vertebran o país. A terminal está conectada coa rede de metro de Helsinqui a través da estación de Rautatientori.
O edificio da estación, que data de 1860, é un monumento destacable do centro da cidade, obra do arquitecto Eliel Saarinen. Presenta certa similitude coa estación da Coruña, construída posteriormente. A estación está cuberta en gran parte por granito finlandés e os seus elementos máis característicos son a torre do reloxo e os dous pares de estatuas, esculpidas por Emil Wikström, que sosteñen catro globos luminosos nos dous laterais da entrada principal.
A estación ten un tráfico de aproximadamente 200.000 pasaxeiros diarios, sendo a máis importante de Finlandia.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Interior da estación
-
Fachada exterior
-
Sala de espera
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación Central de Helsinqui |