Espinete
Espinete | |
---|---|
Personaxe de Barrio Sésamo | |
Logo de Sesame Street, en TVE Barrio Sésamo | |
Primeira aparición | Anos 80s |
Creador(es) | Kermit Love |
Información | |
Raza | Ourizo cacho |
Estatura | 1'80m |
Conexións | Don Pimpón |
Espinete foi un personaxe televisivo, protagonista principal da versión española de Sesame Street (Barrio Sésamo) que se emitiu en TVE durante os anos 1980, interpretado pola actriz Chelo Vivares. Un monicreque que simbolizaba ser un ourizo cacho xigante (medía máis de 1,80 m) de cor rosa, que xunto co seu inseparábel amigo Don Pimpón moraba nun barrio con varios personaxes da serie, de carne e óso.
Moraba nun alboio de cor verde e era popular polo seu desenfadado e infantil xeito de ser; na maioría das ocasións víaselle a xogar con tres nenos.
Historia
[editar | editar a fonte]
Espinete é unha creación do ideador de monicreques Kermit Love, ao que TVE, dirixida polo galego Enrique Nicanor, lle pediu a creación dun animal máis axeitado á idiosincrasia nacional tralo fracaso da Gallina Caponata, unha versión de Big Bird creada polo propio Nicanor. Pensouse nunha aguia, mais Kermit non daba abasto coas numerosas peticións dos distintos países nos que se producía Sesame Street. Mr. Love fixera en 1983 o Espinete para Israel, pois o ourizo cacho é un dos símbolos da fauna do estado xudeu, xunto á gacela, a bolboreta azul e o can de Canaan, e aínda que inicialmente fora rexeitado pola televisión israelí, finalmente foi readaptado en 1986 cunha feitura moi similar para o personaxe chamado Kippi ben Kippod.[1]
O traxe do personaxe, xunto con outros clásicos de TVE, foron vítimas do amianto que contaminou uns almacéns de RTVE en Prado del Rey en Madrid.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kippi Ben Kippod". Muppet Wiki (en inglés). Consultado o 2024-11-10.
- ↑ "María Casado: "A Espinete se lo cargó el amianto"". ELMUNDO (en castelán). 2017-12-31. Consultado o 2024-11-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Espinete, o ourizo rosa Arquivado 23 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.
- Espinete o primeiro punki - Eskorbuto en YouTube