Especie eurióica
As especies eurióicas ou xeralistas son aquelas que son pouco esixentes respecto aos valores acadados nun determinado factor, é dicir, posúen valencias ecolóxicas de grande amplitude.
Características das especies eurióicas
[editar | editar a fonte]Teñen uns límites de tolerancia ecolóxica máis amplos e son capaces de soportar cambios relativamente grandes do ambiente onde viven; exemplo: a cascuda, o ser humano... Son estas especies, as que teñen un potencial de expansión máis considerable. Chegou un tempo na historia do noso planeta, no que certos ambientes oceánicos comezaron a estar superpoboados e determinadas especies de diversos grupos de seres vivos, especies intrépidas e colonizadoras, máis ben eurióicas, exploraron novos hábitats e adentráronse no medio terrestre. É probable que o tránsito dende as augas mariñas a terra firme se produxese, en moitas ocasións, pasando por etapas intermedias de auga doce (ríos, lagos, pantanos,...). É probable tamén, que, naquelas épocas, a concentración do osíxeno da atmosfera e a capa de ozono xa fosen como na actualidade, o que estimulou esta conquista.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |