Saltar ao contido

Escola de Socioloxía de Chicago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escola de Socioloxía de Chicago
Chicago School of Sociology
TipoInstitución educativa e de investigación
PropósitoInvestigación sociolóxica, especialmente focada na urbanización e desorganización social
Campo de traballoSocioloxía, ecoloxía humana
Área de operaciónInternacional
Data de fundaciónA comezos do século XX
Organización matrizUniversidade de Chicago
Persoas relacionadasRobert E. Park, Ernest Burgess, Louis Wirth
SedeChicago, Illinois, Estados Unidos
PaísEstados Unidos
Na rede
BNE: XX529057
editar datos en Wikidata ]

En socioloxía e, posteriormente, criminoloxía, a Escola de Chicago foi un conxunto de intelectuais da Universidade de Chicago fundado ante a necesidade dun estudo da poboación obxectivo.[1] A escola é amplamente recoñecida pola súa contribución ao desenvolvemento do interaccionismo simbólico e as súas investigaciones empíricas sobre a cidade de Chicago. A maioría de participantes activos cos que contou foron sociólogos europeos, moitos deles que fuxían da primeira guerra mundial. Este movemento tivo o máximo auxe nos anos 20 e chegou á decadencia co falecemento de George Herbert Mead en 1931 e a marcha de Robert Ezra Park en 1933.

Contribucións

[editar | editar a fonte]

Interaccionismo simbólico

[editar | editar a fonte]

Entre as súas numerosas novidades destaca o interaccionismo simbólico, que se desenvolveu, en grande medida, a partir das ideas de George Herbert Mead, aínda que foi Herbert Blumer, un dos seus estudantes, quen acuñou o termo e o levou adiante.[2] A pesar da súa valiosa perspectiva sobre as interaccións e comunicacións simbólicas individuais, atopou críticas relativas á súa capacidade de abordar aspectos macro-sociolóxicos, tales como estruturas sociais e distribución de poder. A teoría proporciona unha análise enriquecedora das dinámicas sociais a nivel micro, mais é vista por algúns críticos como insuficiente ao explorar e explicar sistemas sociais complexos e amplos.[3]

Os intentos dalgúns teóricos do interaccionismo simbólico por indagar nas temáticas macrosociolóxicas non lograron penetrar de forma significativa nos debates académicos sobre estruturas sociais e poder, mantendo así unha separación palpable entre as análises micro e macro no campo da socioloxía.

Outras achegas

[editar | editar a fonte]

Outras teorías non menos importantes extraídas da análise realizada en torno ó ano 1916 foron: a afirmación de que nunha sociedade avanzada (como era a industrial do momento) non se podía ir contra os intereses das masas por medo a que estas se rebelasen; por conseguinte, se se quere actuar en contra das mesmas, hai que convencelas e para iso xéranse novos modelos de comunicación (procesos para que os cidadáns se adhiran á opinión do poder); e finalmente, a necesidade de estudar as masas populares por medio de enquisas, consultas populares etc. da maneira máis científica posible.

Con isto prodúcese un novo estudo político tamén en función da motivación cidadá.

Os principais investigadores na primeira Escola de Chicago inclúen a Nels Anderson, Ernest Burgess, Ruth Shonle Cavan, Edward Franklin Frazier, Everett Hughes, Roderick D. McKenzie, George Herbert Mead, Robert E. Park, Walter C. Reckless, Edwin Sutherland, W. I. Thomas, Frederic Thrasher, Louis Wirth e Florian Znaniecki. A activista, socióloga e Premio Nobel da Paz en 1931 Jane Addams tamén traballou e mantivo lazos estreitos con algúns dos membros da Escola.[4]

  1. Bulmer, M. (1984). The Chicago School of Sociology: Institutionalization, Diversity, and the Rise of Sociological Research. University of Chicago Press.
  2. Martínez, Grecia Guzmán (2018-05-02). "Interaccionismo Simbólico: qué es, desarrollo histórico y autores". psicologiaymente.com (en castelán). Consultado o 2023-10-08. 
  3. Giddens, Anthony, Sociologia, 4ª ed., Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian, 2004, cap.1, ISBN 972-31-1075-X
  4. Bulmer, Martin (1989). "Review of Jane Addams and the Men of the Chicago School, 1892-1918.". American Journal of Sociology 94 (6): 1479–1481. ISSN 0002-9602. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]