Erwin Bauer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xullo de 1912 Stuttgart, Alemaña |
Morte | 3 de xuño de 1958 (45 anos) Colonia, Alemaña |
Causa da morte | morte accidental |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
Erwin Bauer nado en Stuttgart o 17 de xullo de 1912 e finado en Colonia o 3 de xuño de 1958 foi un piloto de carreiras alemá de Fórmula 1 que correu con Veritas privado no seu único Gran Premio no campionato do mundo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En abril de 1953 Bauer copilotou un Porsche 356 Super 1500 con Hans Herrmann na Mille Miglia. Terminaron a carreira na 30ª posición. Acadou sona ao acadar o cuarto posto cun Lotus nos 1000 quilómetros de Nürburgring de 1954, proporcionándolle á marca un dos seus primeiros éxitos.
A súa única carreira no Campionato do Mundo de Fórmula Un foi no Gran Premio de Alemaña de 1953 en Nürburgring. De trinta e catro participantes, Bauer clasificouse 33º, só por diante do Veritas do seu compañeiro Oswald Karch. Retirouse na segunda volta, que foi máis do que fixeron Hans Stuck e Ernst Loof, logo de que rompese o seu motor. Saltara ata o 28º lugar, pasando por diante dos dous coches retirados máis Rudolf Krause e Maurice Trintignant.
Cinco anos máis tarde, novamente no Nürburgring, morreu nun Ferrari de 2 litros onde, sen decatarse de que pasara a bandeira de cadros, seguiu correndo e estrelouse fatalmente no que se supoñía que era a súa volta de desaceleración.
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1953 | Erwin Bauer | Veritas RS | Veritas 6 en liña | ARX | 500 | NED | BEL | FRA | GBR | ALE Ret |
SUI | ITA | NC | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Erwin Bauer |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |