Emperador, Valencia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Horta Nord | ||||
Capital | Emperador (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 693 (2024) (23.100 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 0,03 km² | ||||
Altitude | 20 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Virxe do Rosario | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Alberto Bayarri Remoli (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46135 | ||||
Código INE | 46117 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46117 | ||||
Sitio web | emperador.es |
Emperador (ás veces referido como La Venta de l'Emperador, Llocnou d'Emperador ou La Venta) é unha localidade e municipio español situado na parte meridional da comarca da Horta Nord, na provincia de Valencia (Comunidade Valenciana). A 1 de xaneiro de 2016 contaba cunha poboación censada de 707 habitantes[1], cunha densidade de poboación de 23.566,67 hab/km².
Símbolos
[editar | editar a fonte]O escudo de Emperador aprobouse oficialmente o 28 de marzo de 1988. A súa descrición heráldica é a seguinte:
Escudo cuadrilongo acabado en punta redonda. En el primer cuartel, en campo de azur, el caserón y la torre señorial de la mansión del Sr. Emperador, fundador del municipio. En el segundo cuartel, sobre campo de oro, los cuatro palos de gules. Al timbre, corona real abierta y a ambos lados de ésta, murciélagos volando de sable.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situado na zona nordés da Horta de Valencia. A superficie é completamente chaira e carece de cursos de auga. Con tan só 30 600 m², é o municipio máis pequeno de España.[3] O termo municipal de Emperador está totalmente rodeado polo termo municipal de Museros.
O núcleo urbano sitúase á beira da estrada CV-3015, que é a súa vía principal, e 150 m ao oeste da CV-300, que conecta Valencia con Barcelona.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]Até a segunda metade do século XVIII tan só era unha venda no camiño de Sagunto. Un comerciante valenciano chamado Agustín Emperador instalou en 1760 varias fábricas e talleres. En 1771 obtivo unha licenza para edificar vivendas e unha ermida, tras o que se construíu un palacio con torre e horto e continuou levantando vivendas até superar as 15. Entón, aténdose á xurisdición afonsina, solicitou o señorío do lugar, algo ao que se opuxeron tanto o Concello de Museros como o Comendador da Orde de Santiago. Finalmente, tras disputas e un xuízo ao que concorreu o Fiscal do Reino, o señorío foille concedido en 1778. O novo aristócrata só gozou uns meses das súas posesións, xa que morreu en novembro dese mesmo ano. Sucedeulle a súa irmá Luísa Emperador, que ampliou a ermida e en 1779 conseguiu unha real licenza para construír un forno de cocer pan. A poboación foi consolidándose paulatinamente e, dunha matrícula feita en 1809 resultan os seguintes edificios: "o palacio, a venda, dúas fábricas de augardente, carnicería, forno, unha casa de recreo, as casas do alcalde, do mestre, da mestra de costura, do cubeiro, do espadrilleiro, dúas casas de tecedores de lenzo e 13 de labregos e xornaleiros. En total 27 edificios, 35 veciños e 40 familias". En 1812, en plena Guerra da Independencia, as tropas francesas saquearon a ermida e levaron a imaxe titular da Virxe do Rosario.
En 1837, coa abolición dos señoríos, constituíuse en municipio independente coa denominación de Venta de l'Emperador, que quedou máis tarde no actual nome de Emperador.
En 1978 foi fusionado co municipio de Museros, de acordo co Real Decreto 581/1978. Con todo, a presión dos veciños foi tan forte que en 1984 o Tribunal Supremo fallou a favor das reivindicacións da vila, que volveu ser un municipio en 1985.[5] Entre 2006 e 2009 case duplicou a súa poboación debido principalmente a unha promoción de 210 vivendas que empezaron a entregarse en 2007, esgotando así todo o chan urbanizable do municipio.[6]
Demografía
[editar | editar a fonte]1860 | 1900 | 1930 | 1960 | 1990 | 1992 | 1994 | 1996 | 1998 | 2000 | 2002 | 2004 | 2005 | 2009 | 2012 | 2016 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
167 | 172 | 175 | 192 | 182 | 159 | 163 | 188 | 192 | 210 | 221 | 260 | 295 | 586 | 615 | 707 |
Economía
[editar | editar a fonte]No 2001, o 8 % dos ocupados dedicábanse á agricultura, especialmente no cultivo da laranxa; o 28 % e o 13 % dos empregados traballaban na industria e a construción respectivamente, e a metade dos traballadores activos (50 %) facíano no sector servizos.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Ermida da Virxe do Rosario: Trátase dunha construción sinxela cunha única fachada, a dous pés, quedando o resto do edificio lindando con outras edificacións. Dita fachada ten un só corpo, con porta de arco de descarga e, sobre ela, un nicho coa titular. A fachada remata con espadana de dobre oco e frontón triangular.[8] O interior é dunha soa nave de 15 x 6 m. O teito é plafonado, existindo no seu centro un grande óvalo con escordadura de escaiola, no que aparece unha pintura da Virxe do Rosario executada ao redor do 1920.
- Edificio señorial: De estilo neoclásico e torre cadrada.
Cultura
[editar | editar a fonte]- Festas patronais: Celébranse durante catro días en torno á primeira fin de semana de setembro, na honra á Virxe do Rosario e ao Cristo da Misericordia, co último día adicado a San Vicente Ferrer.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Datos del Registro de Entidades Locales".
- ↑ "Datos de interés". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2009. Consultado o 14 de febreiro de 2018.
- ↑ "Estudio sobre el Registro de Entidades Locales" (PDF). Ministerio de Política Territorial. Gobierno de España.[Ligazón morta]
- ↑ "Situación de Emperador (OpenStreetMap)".
- ↑ "Historia". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2009. Consultado o 14 de febreiro de 2018.
- ↑ "Emperador, el pueblo más pequeño, agota su suelo con 210 nuevas viviendas". Emperador.es. 22 de setembro de 2010. Consultado o 13 de marzo de 2019.
- ↑ "Emperador". Gran Enciclopedia Temática de la Comunidad Valenciana. Editorial Prensa Valenciana.
- ↑ Felipe Mª Garín y Ortiz de Taranco (dir.). "Valencia: Emperador: Ermita de la Virgen del Rosario". Catálogo monumental de la provincia de Valencia. Caja de Ahorros de Valencia. ISBN 84-505-4653-2.
- ↑ "Nuestras fiestas". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2009. Consultado o 14 de febreiro de 2018.