Emilio Álvarez González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1954 Trasar de Carballo, España |
Morte | 7 de novembro de 2008 (54 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Emilio Álvarez González, nado en Trasar de Carballo (Cartelos, Carballedo) o 12 de xaneiro de 1954 (el contaba que nacera en setembro de 1953, pero non o rexistraran ata esa data)[1] e finado en Ourense o 7 de novembro de 2008, foi un poeta galego[2].[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Seminario Menor de Lugo, rematou o bacharelato superior e fixo estudos de maxisterio. Exerceu de comercial en Ourense. Emilio Álvarez foi un poeta autodidacta, un poeta do pobo, da lareira, que escribía os poemas nun pequeno caderno mentes gardaba as vacas da casa do Grande de Trasar no prado dos Currás.[4] Comezou escribindo en castelán, a lingua na que foi alfabetizado, e co paso do tempo e as lecturas volveu á súa lingua materna, o galego.
A súa primeira obra é en castelán: Caminos al atardecer (1974).[5] Está dedicado A mis padres y hermanos: “Que vivir es ir más allá de nuestro ser y relacionarnos con los demás seres”. Son corenta e tres poemas e tres textos en prosa de diferente temática e lonxitude. Algún chega ás tres páxinas, outros son máis sinxelos:
-¿A dónde vas peregrino
con tanta pena y dolor?
-Voy a compartir mi pena
con alguien que tenga una flor[6].
A rima está presente en moitos. Predomina o versolibrismo, a ausencia de estrofa.
...Allá donde lo eterno
y lo misterioso se confunde
...Allá donde nuestras mentes
se agotan y no recuerdan
...Allá donde los astros de fuego
poco a poco se consumen
...Allá donde nuestros miserables
cuerpos se acaban y destruyen
...Allá donde exista un vacío
de paz, de silencio y de olvido
(como un vago recuerdo de la naturaleza)
irán allá nuestras dos almas juntas[7].
O segundo libro poético é en galego: Albas de primaveira (1981).[8] Son 48 poemas numerados. O 36 está dedicado a súa nai, a señora María do Grande:
Campo, xa estás solo
Ti e a alma.
Ti campo núo.
Ti alma deslumbrada
pola lus que trouxo
consigo a alma[9].
O 37 ao seu avó:
E remata o libro no poema 47:
...Solprendín ao ialba
chorando bágoas de tristura
e de sangue
sobre os pobos escondidos
entre as carqueixas e os árbores.
Solprendín ao ialba chorando
sobre as fontes, os ríos e as charcas
bágoas de tristura e de sangue
... [10].
Obras
[editar | editar a fonte]- Caminos al atardecer (1974). Lugo: Imprenta-Editorial Celta. ISBN 978-84-7044-064-0.
- Albas da primaveira. Poemas (1981). Lugo: R.A. Dep. L., ISBN 978-84-7492-076-0.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Data facilitada pola filla, Noemi
- ↑ Álvarez González, Emilio (1981). Albas da primaveira. Poemas. R.A. Dep. L. ISBN 84-7492-076-0.
- ↑ "Álvarez González, Emilio". EGU - Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 2023-06-12.
- ↑ "Emilio Álvarez González". Seminarista en Lugo desde 1966. Consultado o 23/12/2017.
- ↑ "Caminos al atardecer". Consultado o 23/12/2017.
- ↑ Álvarez González, Emilio (1974). Caminos al atardecer. Imprenta-Editorial Celta. p. 9. ISBN 84-7044-064-0.
- ↑ Álvarez 1974, p. 51.
- ↑ Álvarez 1981.
- ↑ 9,0 9,1 Álvarez 1981, p. 55.
- ↑ Álvarez 1981, p. 68.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 47. ISBN 84-8288-019-5.